A lingua algonquina de Carolina (tamén coñecida como pamlico ou croatoan) é unha lingua algonquina morta, pertencente ao subgrupo oriental, que se falou outrora en Carolina do Norte, nos Estados Unidos.Raymond G. Gordon Jr., ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics.
Tradución ao inglés miniatura|dereita|150px|Thomas Harriot traduciu e aprendeu a lingua algonquina de Wanchese e Manteo. En 1584 Walter Raleigh enviou a primeira dunha serie de expedicións á illa de Roanoke para explorar e finalmente asentarse no Novo Mundo. Os primeiros encontros cos nativos foron amigables e, malia as dificultades de comunicación, os exploradores puideron persuadir a "dous dos salvaxes, cuxos nomes eran Wanchese e Manteo" para acompañalos na viaxe de regreso a Londres,Milton, p.63 co fin de que os ingleses soubesen as condicións do Novo Mundo que explorara e cal podería ser a utilidade do territorio para eles.Mancall, Peter C. Hakluyt's Promise: An Elizabethan's Obsession for an English America. New Haven: Yale University Press, 2007. 159.Vaughan, Alden T. "Sir Walter Raleigh's Indian Interpreters, 1584-1618." The William and Mary Quarterly 59.2 (2002): 346-347.
Unha vez levados a Inglaterra, os dous indios rapidamente provocaron sensación na corte. A prioridade de Raleigh, porén, non era a publicidade senón a intelixencia sobre a súa nova terra de Virxinia, e restrinxiu o acceso aos seus exóticos acompañantes, asignando ao brillante científico Thomas Harriot o traballo de descifrar e aprender a lingua algonquina de Carolina,Milton, p.70 usando un alfabeto fonético da súa propia invención para efectuar a tradución.
Linguas relacionadas dereita|200px|miniatura|Acuarela de John White dos indios roanoke O algonquino de Carolina forma parte do mesmo grupo de linguas ca o powhatan ou algonquino de Virxinia, unha lingua morta do subrupo oriental da familia algonquina, que á súa vez forma parte das linguas álxicas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua powhatan Bibliografía
Feest, Christian. 1978. "Virginia Algonquin." Bruce Trigger, ed., Handbook of North American Indians. Volume 15. Northeast, pp. 253–271. Washington: Smithsonian Institution. Lovgren, Stefan. 2006. "'New World' Film Revives Extinct Native American Tongue", National Geographic News, 20 de xaneiro de 2006. Marianne Mithun. 1999. The Languages of Native North America. Cambridge Language Family Surveys. Cambridge: Cambridge University Press. Frank Siebert. 1975. "Resurrecting Virginia Algonquian from the dead: The reconstituted and historical phonology of Powhatan," Studies in Southeastern Indian Languages. Ed. James Crawford. Athens: University of Georgia Press. Pages 285-453. Kupperman, Karen Ordahl. Indians and English: Facing Off in Early America. Ithaca: Cornell University Press, 2000. Mancall, Peter C. Hakluyt's Promise: An Elizabethan's Obsession for an English America. New Haven: Yale University Press, 2007. Milton, Giles, Big Chief Elizabeth – How England's Adventurers Gambled and Won the New World, Hodder & Stoughton, Londres (2000) Vaughan, Alden T. "Sir Walter Raleigh's Indian Interpreters, 1584-1618." The William and Mary Quarterly 59.2 (2002): 341-376.
Ligazóns externas Algonquian Derivations at Wiktionary.org Consultado en decembro de 2012 OLAC resources in and about the Carolina Algonquian language OLAC resources in and about the Lumbee language OLAC resources in and about the Pamlico language
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América