Albert James Freed, nado en Johnstown (Pensilvania) o 15 de decembro de 1921 e finado en Palm Springs (California) o 20 de xaneiro de 1965, tamén coñecido como "Moondog", foi un disc jóckey estadounidense, recoñecido como o creador da expresión "Rock and roll.

Traxectoria En 1951 Alan Freed creou o nome rock'n'roll para referirse a ese estilo ou xénero musical, usado anteriormente para referirse ao acto sexual nas letras."Obituary" Variety, 27 de xaneiro de 1965, páx. 54. Freed xogou un papel clave para atraer aos mozos "brancos" á música feita por afroamericanos, promovendo artistas nos seus programas de radio e en concertos.

Os seus concertos, chamados "Rock'n'Roll Jamboree", foron os primeiros en reunir nun mesmo auditorio a audiencias mozas de distintas orixes étnicas, tanto na platea como no escenario, onde o relevante era a música e non a cor da pel dos artistas. Considerada a música da liberdade que os mozos tanto agardaban, ao enfrontarse a ela, manifestaban unha explosión interna a través de actos de salvaxismo, nun verdadeiro clima de éxtase, superando as diferenzas étnicas. A destrución dos teatros, cines e outros lugares escollidos para os "Jamborees", convertéronse no punto de partida das persecucións que sufrirían o rock'n'roll e o seu principal promotor.

Foi arrestado por un suposto envolvemento no pagamento de subornos para a execución de cancións na radio, o que desembocou nunha "caza de bruxas" contra os DJ's que pinchaban rock nas emisoras norteamericanas nun escándalo coñecido como Jabacule, Jaba ou Payola.Encyclopædia Britannica - Alan Freed

Alan Freed faleceu o 20 de xaneiro de 1965 no hospital de Palm Springs, Riverside, na miseria, e está enterrado no cemiterio de Lake View. esquerda|miniatura| A tumba de Freed no cemiterio de Lake View, Riverside.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alan Freed

Categoría:Rock and roll

Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Pensilvania