Kinra (estreado comercialmente como Kinra, el viaje de Atoqcha) é un filme peruano de 2023 escrito e dirixido por Marco Panatonic, no seu debut como director. Conta a historia dun home de Cuzco que quere estudar para ser un enxeñeiro, mais non quere deixar a súa nai e irmá, así que loitará para definir o seu futuro e identidade.
Kinra estreouse na 38ª edición do Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata o 6 de novembro de 2023, onde gañou o Astor de Ouro. Foi escollido como candidato do Perú ó Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Atoqcha viaxa entre a súa casa nas montañas onde vive a súa nai e a cidade de Cuzco, buscando un lugar onde vivir e traballar, buscando un futuro como estudante de enxeñaría civil. Ao longo da súa viaxe, atopará un amigo que o acollerá como á familia. Porén, non pode esquecer á súa nai nin á súa irmá, que tamén buscan o seu propio camiño, nin a terra onde se criou. Volver é o seu camiño, a pesar de comezar de novo, porque o seu corazón estará sempre dividido, igual que o seu país.
Personaxes O elenco de actores está composto por:
Raul Challa Casquina como Atoqcha Yuri Choa Tunquipa como Richar Tomasa Sivincha Huamani como nai de Atoqcha Marcosa Huamani Gonzales como Mamagrande Jorge Gonzales como pai de Atoqcha Lizbeth Cabrera como irmá de Atoqcha Aurelio Quispe Cusihuaman como Julián Dorotea Noa Ch’ecca como nai de Richar Soledad Secca Noa como irmá de Richar Celso Aro Quispe como enxeñeiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Perú