thumb|dereita|Unha Nintendo DS Lite negra, co seu lapis. A Nintendo DS Lite é unha videoconsola portátil que foi producida pola empresa xaponesa Nintendo. É a segunda versión da Nintendo DS. Este redeseño ten unha armazón máis delgada, lixeira, e pantallas con máis brillo ca a primeira versión. Lanzouse ao mercado por primeira vez o 2 de marzo de 2006 e a súa produción foi finalizada en 2014.
Lanzamento e vendas No Xapón a Nintendo DS Lite saíu o 2 de marzo de 2006 a un prezo oficial de 16.800 iens,Nueva información y detalles de Nintendo DS Lite. As.com. aínda que por mor da excesiva demanda moitos comercios subiron o prezo até os 23.300 iens. As cores de lanzamento eran branco cristal (Crystal White), azul metálico (Ice Blue) e azul escuro (Enamel Navy). Porén, debido a problemas de confección só o branco cristal estaba dispoñíbel no día do seu lanzamento, pero as outras cores foron accesíbeis a partir do 11 de marzo de 2006. Máis adiante, o 20 de xullo de 2006, púxose a venda a nova versión rosa (Noble Pink) e finalmente o 2 de setembro de 2006 o modelo negro (Onyx Black). Para maio, Nintendo xa vendera 700.000 unidades da Nintendo DS Lite no Xapón.
A Nintendo DS Lite foi lanzada en América o 11 de xuño de 2006 a un prezo de 129,99$US con soamente a cor Polar Branco. Para o día do pai fíxose unha promoción de Nintendo DS Lite Polar Branco + Brain Training a só 129,99$US. Nos seus primeiros 10 días de venda vendeu 500.000 unidades. Posteriormente tamén estivo dispoñíbel tamén para América a cor Onyx Black que se vendeu moito en Suramérica. En Colombia, atopouse dende a súa saída a un prezo de 400.000 pesos colombianos. En países como Ecuador, Chile, México e O Salvador mantivo tamén o seu prezo orixinal e rompeu con marcas de moitas unidades vendidas dende a súa saída.
A Nintendo DS Lite saíu en Europa o 23 de xuño de 2006 a 99,99 libras no Reino Unido e 149,99 euros nos países da zona euro. En só 10 días Nintendo vendeu 200.000 unidades da DS Lite en Europa.Se han vendido 200.000 unidades del NDS Lite en Europa (11-07-2006). Universo-nintendo.com.
En Australia foi lanzada o 1 de xuño de 2006 a un prezo de 199,95$AUS coa cor Polar Branco. Coa consola incluíase un demo de Brain Training.
O 18 de xaneiro de 2007 saíu a Nintendo DS Lite en Corea do Sur a un prezo de 150.000 wons, vendendo 1 millón de unidades durante o ano. Nos seus anos de comercialización vendéronse en total 93,86 millóns de unidades da DS Lite.
Características miniatura|dereita|Unha Nintendo DS Lite pechada. Peso: 218 gramosInformación del producto. www.nintendo.com. (20% máis lixeira ca a Nintendo DS orixinalLa Nintendo DS encoge (26-01-2006). El Mundo). Dimensións (pechada): 133 mm x 73,9 mm x 21,5 mm (a DS orixinal ten: 148,7 mm x 84,7 mm x 28,9 mm, é dicir, a Lite ten un 30% menos de tamañoLa Nintendo DS Lite llegará a España el 23 de junio (22-05-2006). El Mundo.). Stylus máis grande; máis fácil de soster (dimensións do punteiro: 87,5 mm x 4,9 mm, fronte aos 75 mm x 4 mm da Nintendo DS orixinal). CPU: Un procesador ARM9 e un ARM7. Pantalla superior: TFT/LCD reflectora semitransparente en cor de 3 polgadas, con luz incorporada e unha resolución de 256x192 píxeles. É menos duradeira e resistente aos golpes (o modelo inicial de DS é máis resistente en todos os aspectos). Posúe catro tons de brillo. A pantalla amosa 260.000 cores. A pantalla inferior é igual ca a superior, pero é táctil e transparente de tipo analóxico. O Control Pad (botón direccional) reduciuse a 18,6 mm, e os botóns A, B, X e Y tamén. Batería: de ión litio, cunha duración de 15 a 19 horas co menor brillo e de 5 a 8 horas co maior. Tarda 4 horas en recargar. Son: a consola posúe altofalantes estéreo que, dependendo do software, poden proporcionar un son virtual surround. O control da Wii tomou algunhas das características da DS, como o pad direccional. A consola estaba dispoñíbel en oito cores: Celeste, azul, branco, rosa, verde, vermello, negro e cinsento. É moito menos resistente ás rascaduras ca o modelo anterior. É 100% compatíbel coa Nintendo DS orixinal, tanto en modo LAN como en Wi-Fi. É compatíbel con redes inalámbricas con sistemas de cifrado WEP (non WPA nin WPA2)
Firmware A DS Lite ten o seu propio sistema de arrinque firmware. Ao acender a consola, unha advertencia de saúde e seguranza amósase en primeiro lugar, ao ser tocado o aviso, cárgase o menú principal, similar á consola Wii. O menú principal presenta ao xogador sete opcións: xogar a un xogo de DS, o uso do PictoChat, iniciar a descarga DS, xogar a un xogo de Game Boy Advance, cambiar o brillo da pantalla, activar a alarma e acceder á configuración da consola.
O firmware tamén ofrece un reloxo de alarma, varias opcións de personalización (como prioridade para o arrinque, cando se inseren os xogos de GBA e pantalla de preferencia) e a capacidade para introducir a información do usuario e as preferencias (como o nome, data de nacemento, cor favorita, etc) que poden ser utilizados nos xogos.
Homebrew Dende a aparición da Nintendo DS Lite, a autodenominada "scene", fai usos non autorizados das tarxetas R4, dende emular consolas de videoxogos máis antigas: Game Boy, SNES, ou mesmo NeoGeo ou MSX, a usar aplicacións para poder reproducir películas ou ficheiros de son en MP3 e Midi na Nintendo DS, pasando polos propios xogos hackeados de DS; isto provocou que a compañía Nintendo teña que atopar e denunciar aos distribuidores destes cartuchos.
Cores thumb|dereita|Nintendo DS Lite, edición Zelda. As cores da Nintendo DS Lite no seu lanzamento xaponés foron: Cristal Branco (en Europa e América coñecido como Polar Branco), azul claro, e mariña. En América estivo dispoñíbel na cor Polar Branco. En Europa está dispoñíbel en Polar Branco, Negro Simpático -unha cor exclusiva para Europa- e Coral rosa. En América estiveron dispoñíbeis a cor Ónix e Coral rosa. Tamén houbo unha edición limitada de Onyx e negro á venda nos Estados Unidos e unha edición especial de cor dourada co xogo The Legend of Zelda: Phantom Hourglass.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nintendo DSi
Categoría:Consolas de Nintendo