Campamento é o nome que recibe na cidade de Madrid (España) o barrio nº 105, un dos sete que compoñen o distrito de Latina. O seu nome débese á presenza de cuarteis militares nel, actualmente en desuso e en proceso de recualificación como terreo urbanizable (Operación Campamento).

O barrio está urbanizado en menos do 50% e as súas barriadas esténdense de forma lineal nunha marxe da autovía do Suroeste.

Este barrio limita cos barrios de Aluche, Las Águilas e Cuatro Vientos ao sueste, separados del polo Paseo de Estremadura (A-5). Ao oeste limita co termo municipal de Alcorcón e ao norte co termo municipal de Pozuelo de Alarcón e o distrito de Moncloa-Aravaca.

Está dividido en barriadas como a Dehesa do Príncipe, a Colonia Gran Capitán, A colonia de Santa Mónica e a de Miradoiro Casa de Campo actualmente se coñecen como Colonia Xardín. Está última é a barriada que creceu entre a A-5 e a estrada de Boadilla del Monte, a zona máis antiga.

O barrio áchase sobre uns terreos da era cuaternaria, que forman un gran chanzo sobre un estrato da era terciaria.

Discorre polo barrio o arroio Meaques, afluente do río Manzanares, que tras atravesar o barrio baña a Casa de Campo.

Categoría:Barrios de Madrid