Francisco Mota Saraiva, nome literario de Francisco Saraiva, nado en Coímbra en 1988, é un escritor e xurista portugués.

En 2024 levou o Premio José Saramago pola novela Morramos ao menos no porto (inédita).

Traxectoria

É licenciado en Dereito pola Universidade Nova de Lisboa e ten un mestrado en Dereito e Xestión pola Nova School of Business and Economics. En 2021 foille concedida pola DGLAB unha bolsa de creación literaria e en 2023 unha residencia literaria pola Fundación Eça de Queiroz.

Obras

Aqui Onde Canto e Ardo (2024). Gradiva. Novela. Morramos ao menos no porto (será publicada en 2025 pola Porto Editora en Portugal e Govo Livros en Brasil)

Premios

2023: Aqui Onde Canto e Ardo, Prémio Literário Revelação Agustina Bessa-Luís. 2024: Morramos ao menos no porto, Premio Literario José Saramago (40.000 €).

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Novelistas de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa