A Sociedade Guerreira Mohawk (en ) ou Sociedade Guerreira de Kahnawake é unha organización mohawk que ten como obxectivo a afirmación da autoridade mohawk sobre as súas terras tradicionais, incluíndo o uso de tácticas como controis de estrada, desafiuzamentos e ocupacións.
A sociedade fundouse en 1971 en Kahnawake, no Quebec, no Canadá. Gañou notoriedade por primeira vez en 1973 cando eles, xunto cos activistas do American Indian Movement, mantiveron un enfrontamento coa Policía do Quebec en Kahnawake, e de novo durante a crise de Oka en 1990. Os membros desta sociedade son coñecidos como "guerreiros".
Bandeira A bandeira da Sociedade Guerreira Mohawk foi deseñada por Karoniaktajeh Louis Hall en 1974. Hall foi un artista, escritor e activista de Kahnawake. Inicialmente chamábase "bandeira da unidade" ou "bandeira india", representando un home indíxena con cabelos longos por riba dun sol amarelo e un fondo vermello. Isto cambiou na década de 1980 e o home foi substituído por un guerreiro Kanien’kehá:ka (mohawk). A bandeira destacou nos medios durante a crise de Oka e converteuse nun símbolo de resistencia para o pobo kanien'kehá:ka.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Crise de Oka
Categoría:Indixenismo Categoría:Cultura mohawk Categoría:Nacionalismo nativo americano Categoría:American Indian Movement Categoría:Movementos polos dereitos da terra