A lingua hixkaryana /ˌhɪʃkæriˈɑːnə/Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edimburgo é unha lingua da familia caribe, falada por arredor de 500 persoas no río Nhamundá, un afluente do río Amazonas, no Brasil. É unha das preto dunha ducia de linguas que foron descritas coa orde de palabras obxecto-verbo-suxeito (inicialmente polo lingüista Desmond C. Derbyshire). O hixkaryana está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Fonoloxía O hixkaryana ten os seguintes fonemas consonánticos:
Labial Alveolar Postalveolarou palatal Velar Glotal Nasal m n ɲ ⟨ny⟩ Oclusiva p t tʃ ⟨tx⟩ k b d ɟ ⟨dy⟩ Fricativa ɸ ⟨f⟩ s ʃ ⟨x⟩ h Vibrante ɾ ɽˡ ⟨ry⟩ Aproximante j ⟨y⟩ w
é un toque retroflexo cunha pronunciación lateral.
O hixkaryana ten os seguintes fonemas vocálicos:
+AnteriorPosteriorPechada ɯ ⟨ɨ⟩, u ⟨u⟩Semipechada e ⟨e⟩Semiaberta ɔ ⟨o⟩Aberta æ ⟨a⟩
Gramática En lingua hixkaryana, os argumentos están indexados no verbo mediante prefixos de persoa. Estes prefixos forman un patrón inverso no que o argumento máis alto da xerarquía 2o > 1o > 3o está indexado no verbo. Se o obxecto dun verbo transitivo supera ao suxeito segundo esta xerarquía, utilízase o prefixo O axeitado; se non, úsase un prefixo A.
Prefixos A Prefixos O 1A 0-/ɨ- 1O r(o) 2A m(ɨ)- 2O o(j)-/a(j)- 1+2A t(ɨ)- 1+2O k(ɨ)- 3A n(ɨ)-/j-
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A metátese en hixkaryana O hixkaryana na base de datos SAILS sobre linguas suramericanas
Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas do Brasil