Ventura Blanco y Calvo de Encalada, nado en Chuquisaca (actual Sucre) o 14 de xullo de 1782 e finado en Santiago de Chile o 13 de xuño de 1856, foi un político e militar chileno, que exerceu como ministro de Estado do seu país.
Traxectoria Nado en Chuquisaca (por aquel entón Vicerreinado do Río da Prata, Imperio español), era fillo do oidor galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón (nacido en Marín en 1743) e da chilena Mercedes Calvo de Encalada e Recabarren (filla do marqués de Villa-Palma de Encalada). Os seus irmáns foron José Antonio, Ana del Carmen, Rafaela del Carmen e Manuel. Foi enviado a estudar en España, acadando carreira militar, como Garda de Corpo e Tenente do Rexemento do Dragón Sangunto.
Máis tarde mudouse ao bando de José Bonaparte e dirixiuse a Francia. Regresaría a Buenos Aires en 1816 e despois de atravesar a cordilleira dirixiuse en 1820 a Chile, onde o seu irmán Manuel xogara un papel importante no proceso de independencia, converténdose despois no primeiro presidente de Chile.
Exerceu como ministro do Interior e Relacións Exteriores en 1826 e de Facenda entre 1827 e 1828, ademais doutros cargos políticos.
Máis tarde retirouse da política para dar clases na Universidade de Chile, onde chegou a ser decano da Facultade de Humanidades.
Notas
Categoría:Nados en 1790 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1856 Categoría:Chilenos de ascendencia galega Categoría:Militares de Chile Categoría:Políticos de Chile Categoría:Profesores da Universidade de Chile