O Tratado de Confissom é unha obra de carácter pastoral dirixida a sacerdotes coa responsabilidade de administrar o sacramento da penitencia, é dicir, a confesión.
Impreso en Chaves en agosto de 1489, trátase do primeiro libro coñecido impreso en galego-portugués, e por tanto o primeiro en lingua portuguesa e en lingua galega. Foi descuberto en 1965 por Tarcísio Trindade, un libreiro de Alcobaça. Pina Martins publicouno nunha edición diplomática en 1973 cun estudo introdutorio. En 2003 foi obxecto dunha edición semidiplomática e dun estudo lingüístico, realizado por José Barbosa Machado.
Descoñécese o seu autor, quizais debido a que ao único exemplar existente (Biblioteca Nacional de Lisboa) lle falta a portada.
A presenza de varios castelanismos no texto fai sospeitar que a obra é a tradución dunha obra castelá previamente non identificada, ou traducida ao galego-portugués por castelanfalantes, en liña con que os primeiros editores no reino de Portugal chegaran da coroa de Castela.
miniatura|Edificio da Biblioteca Nacional de Portugal, que alberga o único exemplar conservado do Tratado.|centro Notas
Véxase tamén Bibliografía MACHADO, José Barbosa (2003). Tratado de Confissom - vol. I - Edição Semidiplomática e Estudo Histórico. Braga: APPACDM. MACHADO, José Barbosa (2004). Tratado de Confissom - vol. II - Edição Actualizada, Glossário e Listagem de Palavras. Braga: APPACDM.
MARTINS, J. Pina (1973). Tratado de Confissom. Lisboa: Imprensa Nacional.
Ligazóns externas
, Chaves, 1489, na Biblioteca Nacional de Portugal
Categoría:Documentos históricos Categoría:1489 Categoría:Chaves Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Literatura de Portugal