alt=O lóxico británico Augustus de Morgan (1806-1871), un dos pioneiros da lóxica clásica|miniatura|300x300px|O lóxico británico Augustus De Morgan (1806-1871), un dos pioneiros da lóxica clásica A lóxica clásica, lóxica estándar ou lóxica de Frege-Russell é a clase máis estudada e empregada de lóxica dedutiva. A nivel histórico, tivo moita influencia na filosofía analítica.
Características Todos os sistemas lóxicos deste tipo comparten as seguintes características:
Lei do terceiro excluído e eliminación da dobre negación. Lei de non contradición e principio de explosión. Monotonicidade da implicación e idempotencia da implicación. Conmutatividade da conxunción. Leis de De Morgan: todo operador lóxico é dual doutro.
A meirande parte das discusións actuais sobre a lóxica clásica só inclúen as lóxicas proposicionais e de primeira orde. A maioría das semánticas para a lóxica clásica son bivalentes, polo que as proposicións destes sistemas só poden categorizarse como verdadeiras ou falsas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lóxica