O pedreiro negro (Oenanthe leucura) é unha pequena ave paseriforme actualmente clasificada na familia Muscicapidae. Atópase na Península Ibérica e oeste do norte de África.
Taxonomía O pedreiro negro foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada do Systema Naturae de Carl Linné. Situouno xunto cos tordos no xénero Turdus, e acuñou para el o nome binomial Turdus leucurus e indicou como localidade tipo Xibraltar. O epíteto específico do nome vén do antigo grego leukouros, que significa 'de cola branca'. Gmelin baseou a súa descrición no "tordo de cola branca" que fora descrito e ilustrado en 1783 polo ornitólogo John Latham na súa obra en varios volumes A General Synopsis of Birds. Latham examinou un espécime no Museo Leveriano de Londres. O pedreiro negro é agora situado no xénero Oenanthe que foi introducido en 1816 polo ornitólogo francés Louis Pierre Vieillot.
Recoñécense dúas subespecies: O. l. leucura (Gmelin, JF, 1789) – Portugal, España e sur de Francia O. l. riggenbachi (Hartert, EJO, 1909) – noroeste de África
Descrición É un pedreiro grande de 16–18 cm de longo. O macho desta especie é totalmente negro excepto no sobrecú e a maior parte da cola que son brancos. A femia é similar, pero marrón escura en vez de negra. Canta unha canción alta similar á dos tordos.
A especie similar pedreiro de barrete branco (Oenanthe leucopyga) tamén se reproduce na parte de África da área de distribución do pedreiro negro, pero o pedreiro negro ten un debuxo de "T" invertido negro na súa cola branca, mentres que o pedreiro de barrete branco ten só unha parte central branca na cola. O pedreiro negro nunca ten píleo branco, pero os pedreiros de barrete branco novos tamén carecen desta característica.
Comportamento miniatura| upright=0.8|Ovos de pedreiro negro na colección do Museo de Wiesbaden. Reprodúcese en cantís e pendentes rochosas do oeste do norte de África e na Península Ibérica. Xa non se reproduce no sur de Francia. É principalmente unha ave residente e nidifica en gretas entre as rochas e pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase fundamentalmente de insectos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Idade e sexo (PDF; 2.6 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
Categoría:Muscicápidos Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin