Oenanthe é un xénero de aves paseriformes denominadas pedreiros. Antes os pedreiros estaban clasificados na familia Turdidae, pero agora o habitual é que sexan clasiicados na familia Muscicapidae. É un grupo de paxaros do Vello Mundo, pero o pedreiro cincento xa se estableceu no leste do Canadá e Groenlandia e no oeste do Canadá e Alasca.

Taxonomía O xénero Oenanthe foi introducido polo ornitólogo francés Louis Pierre Vieillot en 1816 coa especie Oenanthe leucura, o pedreiro negro, como especie tipo. O xénero antes incluía menos especies pero os estudos de filoxenética molecular das aves da familia Muscicapidae atopou que o xénero Cercomela era polifilético con cinco especies, incluíndo a especie tipo C. melanura, aniñada filoxeneticamente dentro do xénero Oenanthe. Isto implica que Cercomela e Oenanthe eran sinónimos. O xénero Oenanthe (Vieillot, 1816) ten prioridade taxonómica sobre Cercomela (Bonaparte, 1856), o que fai que Cercomela sexa un sinónimo júnior. O nome do xénero Oenanthe fora utilizado por Aristóteles para referirse a un paxaro non identificado. A palabra deriva do grego oenoē, que significa 'viño', e anthos, que significa 'florecer'. A ave estaba asociada coa tempada de floración das viñas en Grecia.

Descrición

A maioría das especies teñen teñen unha cor negra, branca ou vermella característica e marcas brancas nos sobrecús e colas longas. A maioría das especies teñen un forte dimorfismo sexual; só o macho ten os característicos padróns de plumaxe rechamantes do xénero, aínda que as femias teñen tamén os sobrecús brancos ou vermellos.

Lista de especies O xénero comprende 33 especies:

Oenanthe oenanthe (pedreiro cincento) Oenanthe seebohmi (pedreiro do Atlas) Oenanthe pileata Oenanthe bottae Oenanthe frenata, separado de O. bottae Oenanthe heuglinii Oenanthe isabellina (pedreiro isabelino) Oenanthe monacha Oenanthe deserti (pedreiro do deserto) Oenanthe hispanica (pedreiro rubio) Oenanthe melanoleuca (pedreiro do levante) Oenanthe cypriaca Oenanthe pleschanka Oenanthe albifrons (antes en Pentholaea ou Myrmecocichla) Oenanthe phillipsi Oenanthe moesta Oenanthe melanura (antes en Cercomela) Oenanthe familiaris (antes en Cercomela) Oenanthe scotocerca (antes en Cercomela) Oenanthe dubia (antes en Cercomela) Oenanthe fusca (antes en Cercomela) Oenanthe picata Oenanthe leucura (especie tipo) (pedreiro negro) Oenanthe lugubris Oenanthe leucopyga (pedreiro de barrete banco) Oenanthe albonigra Oenanthe finschii Oenanthe halophila Oenanthe lugens Oenanthe warriae Oenanthe lugentoides Oenanthe xanthoprymna Oenanthe chrysopygia

Comportamento Os pedreiros son insectívoros territoriais de campo aberto e a miúdo seco. Adoitan nidificar en gretas das rochas ou toqueiras abandonadas por outros animais. As especies do norte son migrantes de longa distancia, pasando o inverno en África.

Rexistro fósil Oenanthe kormosi (Mioceno tardío de Polgardi, Hungría) Kessler, E. 2013. Neogene songbirds (Aves, Passeriformes) from Hungary. – Hantkeniana, Budapest, 2013, 8: 37–149. Oenanthe pongraczi (Plioceno de Csarnota, Hungría)

Notas

Categoría:Muscicápidos