O tratado de Santarém foi un pacto que se celebrou o 19 de marzo de 1373 entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, no contexto das guerras fernandinas.
Segundo este tratado, o Reino de Portugal era obrigado a aliarse con Francia e Castela contra Inglaterra e expulsar os exilados casteláns e galegos, que loitaran a carón do rei portugués antes deste tratado, entre eles Fernando Ruiz de Castro e os seus cabaleiros, alí aloxados dende a batalla de Porto de Bois, e o conde Xoán Fernández de Andeiro. O rei Fernando tamén concedeu grandes compensacións e prometeu a súa media irmá, Beatriz, en matrimonio con Sancho de Alburquerque, irmán de Henrique II.D. João I - biografia, por João Macdonald, Planeta DeAgostini, 2006
Notas
Categoría:Século XIV en Galicia Categoría:1373 Categoría:Tratados do Reino de Castela Categoría:Tratados do Reino de Portugal