miniatura|Retrato de Raquel Meller con mantela e peite (1910), por Julio Romero de Torres A mantela é unha prenda feminina popular en España. Xorde a partir do manto co que tradicionalmente se cubrían as mulleres. Este evolucionou até converterse nun elegante toucado de blonda (encaixe realizado con fío de seda), chantilly ou tule. É habitual nas procesións de Semana Santa, nas corridas de touros e outros eventos castizos, ademais de ser prenda cerimonial das madriñas en bautizos e vodas. Adoita complementarse cunha peita.
Historia dereita|miniatura|279x279px|Exvoto ibero de bronce con imaxe feminina cuberta por un toucado Algúns estudos arqueolóxicos fixan a orixe da mantela na Península Ibérica na civilización ibérica, a partir do descubrimento de pequenas figuras prerromanas de mulleres con toucados moi similares.
No século XVII xa era habitual utilizar a mantela de encaixe como peza distinguida, ademais da de pano e o mantón de Manila. Con todo, o seu uso non se xeneralizou entre as mulleres da nobreza e alta burguesía até finais do século XVIII, como se aprecia en varios retratos de Francisco de Goya. O costume continuouno Isabel II de España e, xa no século XX, a Raíña Sofía.
Tipos
Polo tecido
De blonda ou encaixe de seda, con grandes motivos florais realizados en seda máis brillante e ondulacións nos bordos ou "puntas de castañolas". De chantilly, feita cun lixeiro tecido orixinario desta cidade francesa e bordado con distintos motivos. De tule, tecido delgado e transparente confeccionado con seda, fío ou algodón. Usado a modo de imitación das mantelas de blonda e chantilly.
miniatura|Mantela de encaixe do século XX, obxecto da exposición permanente da sala "Secaño y Montaña" do Museu Valencià d'Etnologia
Pola xeografía
Mantela castelá Mantela leonesa Mantela aragonesa Mantela andaluza
Por evento
De loito De voda Taurina Branca de Resurrección
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Vestimenta