Astrid Gil-Casares Marlier, nada en Madrid o 16 de febreiro de 1973, é unha economista e escritora española de familia galega.
Traxectoria Filla do enxeñeiro naval Santiago Gil-Casares Armada (fillo do médico compostelán José María Gil-Casares Pérez, fillo de Felipe Gil Casares, e mais de Carmen Rafaela Armada Comyn, filla do marqués de Santa Cruz de Ribadulla) e da aristócrata francesa Catherine Marlier. Medrou na urbanización de Puerta de Hierro e veraneaba en Sotogrande. Formouse no colexio relixioso Saint Chaumond e no Liceo Francés e fixo a carreira de Económicas en ESADE. Fala seis idiomas.
Traballou en París na banca Rothschild e en Londres nos bancos CSB, HSBC e JP Morgan. Fundou a consultora Gil-Casares Consultant Limited.
O 10 de xuño de 2006 casou co empresario Rafael del Pino Calvo-Sotelo mudouse a Madrid. Tiveron tres fillas: Tadea, Alec e Cleo.Divorciaron en 2016 e comezou a traballar como escritora.
En 2019, fixo o guión do filme ¿Qué te juegas?, dirixido por Inés de León.
As súas novelas están inspiradas nas súas vivencias como clase alta española. Como ela mesma dixo, as tres novelas son ficción, pero parte súa Nadie me contó é o seu divorcio, Ese Jueves al anochecer me subí al tren, a reconstrución da ruína que foi e en No digas nada, conta a ausencia da nai, da apatía e a soidade. Esta última novela vai dirixida a mulleres maiores de 45 anos que teñen que afrontar a síndrome do niño baleiro, a menopausa ou a vertixe da vellez.
Obra Nadie me contó (2020) Ese jueves al anochecer me subí al tren (2022) No digas nada (2025)
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1973 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Economistas de España