O yerwa kanuri ou kanuri central é unha variedade da lingua kanuri é unha lingua falada principalmente en partes adxacentes de Nixeria, Níxer, o Camerún e o Chad, así como por unha comunidade de diáspora que reside no Sudán. É falada polo pobo yerwa kanuri que é o subgrupo máis grande do pobo kanuri, que habita no oeste e centro de África. Yerwa kanuri é a meirande variedade da lingua kanuri. É tamén utilizada de maneira oral e escrita no Camerún e está clasificada dentro do grupo saharaniano das linguas nilo-saharianas. A variedade yerwa kanuri escríbese en Nixeria coa escrita ajami do alfabeto árabe.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kanuri central
Categoría:Lingua kanuri Categoría:Linguas saharianas Categoría:Linguas do Camerún Categoría:Linguas do Chad Categoría:Linguas de Níxer Categoría:Linguas de Nixeria