Roy Boney Jr. (en ) nado en Locust Grove, Oklahoma, o 1 de decembro de 1978, é un artista, debuxante de banda deseñada, animador por ordenador e activista lingüístico cherokee. É cidadán da Nación Cherokee e membro do clan do Cervo.Rossman, Megan. "Graphic Content." Oklahoma Today Magazine. xullo/agosto de 2012. Boney foi nomeado Tesouro Nacional Cherokee o 29 de agosto de 2024.
Traxectoria Roy Boney Jr. medrou falando a lingua cherokee. Estudou na Universidade Estatal de Oklahoma, onde se graduou en deseño gráfico. Obtivo o seu mestrado en Artes na Universidade de Arkansas en Little Rock, onde foi membro do equipo do Centro de Investigación Sequoyah e recibiu membresía da Banda das Pradeiras da Nación Potawatomi."Boney Enters Trail of Tears Art Show." Sequoyah Research Center. 21 de abril de 2006 (consultado o 6 de novembro de 2009)
Activismo lingüístico Boney traballa como xestor do programa lingüístico cherokee da Nación Cherokee, e anteriormente foi especialista lingüístico en medios para a Nación Cherokee.Staff. "Texas donor gives computers to CNEC." Cherokee Phoenix. (consultado o 5 de novembro de 2009)
Boney colaborou con Joseph L. Erb en American Indian Resource Center, Inc., ensinando animación a nenos cherokee e muscokee. Os seus filmes de animación en linguas nativas recibiron numerosos premios.King, Patty Jo. "Studying abroad, Native style." Indian Country Today. 25 de outubro de 2009 (consultado o 5 de novembro de 2009) Erb e Boney desenvolveron unha aplicación para iPhone de mensaxes de textos en lingua cherokee e están a desenvolver redes sociais e videoxogos en cherokee.Proposal for the creation of RezWorld 3D video game to teach Cherokee. (consultado o 5 de novembro de 2009)
Artista visual Con Matthew Shepherd, Boney creou a serie de novelas gráficas, Dead Eyes Open, publicada por Slave Labor Graphics. A partir dunha formación en banda deseñada, Boney aventurouse no debuxo e na pintura artística. O seu debut artístico en 2006 obtivo o Gran Premio na mostra de arte "Trail of Tears" do Centro do Patrimonio Cherokee"Trail of Tears Art Show and Sale." Southwestern Art. 1 de xullo de 2006 (consultado o 5 de novembro de 2009, a través de Highbeam Research) e inclusión na exposición itinerante, Frybread and Roses: The Art of Native American Labor. Varias das pinturas de Boney están na colección permanente do Centro Nacional de Investigación Sequoyah.
Escrita Boney colabora de xeito regular con Indian Country Today Media Network e First American Art Magazine.
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Pobo cherokee Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Personalidades da banda deseñada