miniatura|Kylix de Euérxidas (ca. 500 a. C.), cerámica ática, Museo Británico. miniatura|Kylix (grego), calix (latín). Un kylix (grego: κύλιξ ; pl. κύλικες ) é unha peza de cerámica utilizada para beber viño na Grecia Antiga, cun corpo relativamente pouco profundo, un pé e dúas asas dispostas simetricamente.O círculo case plano no interior da copa, chamado tondo, foi unha das principais superficies da pintura negra ou vermella nos séculos VI e V a. C.

Dado que as escenas estaban cubertas inicialmente polo viño, só se revelaban a medida que se consumía o viño. Eran deseñados con este obxectivo, sorprender ao bebedor a medida que foran descubertos. Como o uso principal deste tipo de copas era nos simposios, adoitaban decorarse con escenas mitolóxicas ou escenas de amor heterosexual ou pederástico, ou orxías, que non se facían visibles ata que o asistente remataba o contido da copa. Abundaban as representacións de Dioniso, o deus do viño, e dos seus sátiros.

Véxase tamén

Categoría:Olaría da Grecia antiga