O ganso da tundra (Anser serrirostris) é un ganso que se reproduce no norte de Siberia. Este e o ganso campestre recoñécense como especies separadas pola Sociedade Ornitolóxica Americana e a Unión Ornitolóxica Internacional, pero son considerados unha soa especie por outras autoridades (sería a subespecie Anser fabalis serrirostris). Estas dúas especies diverxeron hai uns 2,5 millóns de anos e estableceron un contacto secundario hai uns 60.000 anos, o que tivo como resultado un amplo fluxo xénico. É unha ave migratoria e pasa o inverno máis ao sur en Asia.

Descrición

A súa lonxitude varía de 68 a 90 cm, a envergadura de 140 a 174 cm e o peso de 1,7 a 4 kg. Na subespecie nomeada os machos pesan como media 3,2 kg e as femias 2,84 kg. O bico é negro na base e punta, cunha banda laranxa no medio; as patas e pés son tamén laranxas intensas.

As cobertoiras alares superiores son marróns escuras, como no ganso de testa branca (Anser albifrons) e ganso pequeno (A. erythropus), pero difiren destes en que teñen beiras brancas estreitas nas plumas.

A súa voz é un alto grallar, máis agudo nas subespecies menores.

A especie estreitamente relacionada ganso de bico curto (A. brachyrhynchus) ten un bico curto, con rosa intenso na parte media e pés tamén rosas, as cobertoiras alares superiores son case da mesma cor gris azulada que no ganso bravo.

Taxonomía miniatura|Bandada de ganso da tundra Hai dúas subespecies: A. s. rossicus Buturlin, 1933. Vive na tundra do norte de Rusia polo leste ata a Península de Taimir. É pequeno, con bico curto e repoludo, cunha banda laranxa estreita. Anser fabalis rossicus é un dos taxons aos cales se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africanas-Eurasiáticas (AEWA). A. s. serrirostris Gould, 1852. Vive na tundra do leste de Siberia. É grande, de bico longo e robusto, con banda laranxa estreita.

Distribución O ganso da tundra non ten sitios de invernada regulares, pero encóntrase en pequenos grupos entre outras especies de gansos; entre as localidades máis regulares en Europa están WWT Slimbridge, Gloucestershire e Holkham Marshes, Norfolk.

Notas

Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1852