A linguaxe matemática é unha extensión da lingua natural (por exemplo o galego) que se usa nas matemáticas e na ciencia para expresar resultados ( leis científicas, teoremas, demostracións, deducións lóxicas, etc.) con concisión, precisión e sen ambigüidade.
Características As principais características da linguaxe matemática son as seguintes.
Uso de palabras comúns cun significado derivado, xeralmente máis específicas e máis precisas. Por exemplo, "ou" significa "un, outro ou ambos os dous", mentres que, na linguaxe común, "ou" normalmente non inclúe a ambos os dous xuntos. Outro exemplo sería unha "recta" que ten cero ancho. Uso de palabras comúns cun significado completamente diferente do seu significado común. Por exemplo, un anel matemático non está relacionado con ningún outro significado de "anel". Os números reais e os números imaxinarios son dous tipos de números, ningún é máis real nin máis imaxinario que os outros. Uso de neoloxismos. Por exemplo polinomio, homomorfismo. Uso de símbolos como palabras ou frases. Por exemplo, e lense respectivamente como " igual a " e Uso de fórmulas como parte das oracións. Por exemplo: " representa cuantitativamente a equivalencia masa-enerxía. "Unha fórmula que non se inclúe nunha frase xeralmente carece de sentido, xa que o significado dos símbolos pode depender do contexto: en este é o contexto que especifica que é a enerxía dun corpo físico, é a súa masa e é a velocidade da luz. Uso da xerga matemática que consiste en frases que se utilizan para explicacións informais ou taquigrafías. Por exemplo, "eliminar" úsase a miúdo en lugar de "substituír por cero", e isto levou ao uso de anulador (na teoría dos aneis) como palabra técnica.
Comprensión de textos matemáticos A consecuencia destas características é que un texto matemático xeralmente non é comprensíbel sen algúns coñecementos previos. Por exemplo, a frase " un módulo libre é un módulo que ten unha base" é perfectamente correcta, aínda que parece un disparate gramaticalmente correcto, cando non se coñecen as definicións de base, módulo e módulo libre.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Outros artigos Linguaxe formal.
Categoría:Matemáticas