Federico Guisasola y Lasala, nado en Madrid en 1830 e finado en Pontevedra en 1882, foi un pintor español do século XIX.

Traxectoria miniatura|Picador, de Federico Guisasola y Lasala. Acuarela sobre papel. Colección particular. miniatura|Sinatura do pintor. Nado en 1830 en Madrid, foi discípulo de Federico de Madrazo e da Academia de San Fernando. En 1852 estabeleceu en Vigo unha Escola de Belas Artes e posteriormente foi nomeado profesor de delineación no Instituto de Segundo Ensino de Pontevedra. Na Exposición pública de Galicia celebrada en 1858, foi premiado coa medalla de prata por unha cabeza de estudio; tamén presentara un peregrino. Na Exposición Nacional de Belas Artes de 1862 expuxo a Cabeza dun reo durante a lectura da súa sentenza de morte e na de 1864 Rosiña, tomada dun cantar de Rosalía de Castro. Executou ademais numerosos retratos, tipos das costas de Galicia e as decoracións do teatro de Vigo. Morreu o 17 de febreiro de 1882 en Pontevedra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Pintores de España