Solone Ambrosoli, nado en Como o 8 de outubro de 1851 e finado en Milán o 27 de setembro de 1906, foi un numismático e escritor italiano, director da Rivista italiana di numismatica e un dos fundadores da Sociedade Numismática Italiana.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Ambrosoli naceu en Como en 1851,Cesano, S. L. (1960). Rovito, T. (1922). Páxina 11.De Witte, A. (1907). Páxina 76.Blanchet, A. (1906). Páxina 508. no seo dunha adiñeirada familia de eruditos e estudosos;"Solone Ambrosoli". En L'illustrazione italiana. Nº 40. 7 de outubro de 1906. Páxina 338. o seu avó paterno era Francesco Ambrosoli, un reputado home de letras e filólogo.Girola, G. "Solone Ambrosoli (1851-1906)": En I Grandi Numismatici. Società Numismatica Italiana.

Logo de pasar por varias universidades italianas, en 1878 licenciouse en Dereito na Universidade de Parma. Foi un gran interesado no estudo de linguas modernas, sinaladamente o inglés, o francés e o alemán, e tamén as linguas escandinavas e eslavas, así como o grego moderno.

Tamén desde a súa xuventude amosou interese polo estudo da historia e a arqueoloxía, en particular pola numismática das cecas italianas,Gnecchi, F.; Gnecchi, E. (1906). Páxina 439. e foi compondo unha colección de moedas gregas, romanas e, sinaladamente, de cecas italianas, sobre a que en 1878 versou a súa primeira publicación.Véxase "(1878)" en "Publicacións".

Carreira como erudito Na década de 1870 Ambrosoli fixo numerosas viaxes por Europa (Austria, Hungría, Alemaña, Dinamarca, Suecia, Francia, Inglaterra, Grecia e Rusia) e tamén visitou Turquía e os Estados Unidos. Estas viaxes foron a base de varios artigos publicados posteriormente. En 1878 publicou os seus primeiros poemas, sobre a súa viaxe aos EEUU de 1873. Nos primeiros anos da década de 1880 publicou tres colleitas de poemas, tanto orixinais como traducións de autores fundamentalmente románticos escandinavos.

No mesmo 1878, Ambrosoli foi un dos expertos que formaron parte da comisión encargada da reorganización do Museo Cívico de Como.

En 1881 fundou na súa vila natal a Gazzetta Numismatica, unha revista na que colaboraron importantes numismáticos do seu tempo e na que el mesmo publicou un bo número de artigos, sinaladamente sobre moeda italiana. Ambrosoli foi o seu director ata 1887, ano en que, en colaboración con Francesco Gnecchi e o seu irmán Ercole, se dedicou a preparar a fundación en 1888 da Rivista Italiana di Numismática, unha revista na que publicou os seus artigos durante 18 anos.Gnecchi, F.; Gnecchi, E. (1906). Páxinas 439-440. Ambrosoli dirixiu a nova publicación durante os dous primeiros anos, e neste período situouna á altura doutras xurdidas durante as décadas anteriores en varios países de Europa, como Revue numismatique (Francia, en 1836), Numismatic Chronicle (Reino Unido, en 1838) ou Revue belge de numismatique (Bélxica, en 1842).

Ao mesmo tempo, mediante un decreto do 25 de xullo de 1887 foi nomeado conservador xefe do Gabinete Numismático de Brera,Rovito, T. (1922). Páxina 11. e ese mesmo ano doou a súa colección numismática persoal, composta por 1.800 moedas estranxeiras e 1.000 italianas representativas de 200 cecas, ao Museo Cívico de Como.Gnecchi, F.; Gnecchi, E. (1906). Páxina 440.

En 1891, Ambrosoli acadou a acreditación para exercer como docente libre de Numismática na Real Academia Científico-Literaria de Milán, e en 1893, impartiu alí un ciclo de conferencias, que deron lugar á publicación dun dos seus artigos máis sobranceiros: Della numismatica come scienza autonoma.Ambrosoli, S. (1893). "Della numismatica come scienza autonoma". En Rivista Italiana di Numismatica. Ano VI. Fasc. I. Páxinas 21-35. Ambrosoli deixou a docencia ao ser contratado ese mesmo ano en Catanzaro para dirixir a confección do catálogo do Museo Arqueolóxico e Numismático desa localidade, que se publicou en dous volumes en 1894.Ambrosoli, S. (1894). Catalogo della Collezione numismatica del Museo Provinciale di Catanzaro: Monete medioevali e moderne, medaglie, ecc. G. Caliò, Catanzaro.

En 1892, Solone Ambrosoli formou parte dos 42 numismáticos que fundaron a Sociedade Numismática Italiana,"La nostra storia". Società Numismatica Italiana (Socnumit.org)."Elenco dei 42 Soci fondatori della Società Numismatica Italiana (1892)". Società Numismatica Italiana (Socnumit.org). e pasou a formar parte do seu primeiro consello directivo. Entre outras entidades e sociedades eruditas, Ambrosoli tamén foi membro correspondente do Real Instituto Lombardo e da Real Deputación de Historia Patria de Turín e de Parma, e membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica,De Witte, A. (1907). Páxina 77."Liste des membres de la Siciété royale de numismatique". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. Ano 62. 1906. Páxina 406. e presidiu a Sociedade Histórica Comense."Obituary: Dr. Solone Ambrosoli". En American Journal of Numismatics. Vol. 41. Nº 2. Outubro de 1906. American Numismatic Sopciety. Páxinas 54-55.

No ámbito editorial Ambrosoli tamén foi director do xornal L'Araldo, de corte liberal, que fundara co seu irmán Francesco, e non que tiñan cabida contidos de tipo literario e histórico. Tamén foi un dos participantes no Congreso Internacional de Numismática de Bruxelas de 1891, e no Congreso Internacional de Ciencias Históricas celebrado en Roma o 4 de abril de 1903.

Solone Ambrosoli finou en Milán o 27 de setembro de 1906, vítima dunha doenza nerviosa, e foi soterrado no Cemiterio Monumental de Milán."Personaggi celebri". Cimiterio Monumentale. Milano (monumentale.comune.milano.it).

Publicacións Solone Ambrosoli foi un prolífico autor de artigos e colaboracións en materia numismática en diversas revistas especializadas do seu tempo, sinaladamente en Gazzeta Numismatica e na Rivista Italiana di Numismatica. Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da súa traxectoria:Ricci, S. (1908)."Bibliografia numismatica do Solone Ambrosoli". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. XIX. 1906. Páxinas 442-447.

Numismática (1878). Zecche italiane rappresentate nella raccolta numismatica di Solone Ambrosoli. C. Franchi, Como. [2ª ed. (1881)] (1891). Manuale di Numismatica. U. Hoepli, Milán. [2ª ed. (1895)] (1895). Gian Giacomo Medici castellano di Musso (1523-1532). Saggio Bibliografico. Fratelli Treves, Milán. (1897). Vocabolarietto pei numismatici in 7 lingue. U. Hoepli, Milán. (1899). Monete greche. U. Hoepli, Milán. (1905). Atlantino di monete papali moderne, a sussidio del Cinagli. U. Hoepli, Milán. (1906). Atlante numismatico italiano (monete moderne). U. Hoepli, Milán.

Lingüística e literatura

(1880). Poesie. C. Franchi, Como. (1880). Dalle lingue del Nord. Versioni poetiche. C. Franchi, Como. (1882). Breve saggio di un vocabolario italiano-islandese. C. Franchi, Como.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cesano, S. L. (1960). "Ambrosoli, Solone". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 2. Istituto dell'Enciclopedia Italiana. Blanchet, A. (1906). "Solone Ambrosoli". En Revue numismatique. T. 10. Société française de numismatique. Páxinas 508-509. De Witte, A. (1907). "Nécrologie: Solon Ambrosoli". En Revue belgue de numismatique. Vol. LXIII. Société royale de numismatique de Belgique. Páxinas 76-77. Girola G. (2007). "Ricordando Solone Ambrosoli a cento anni dalla morte". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. CVIII. Páxinas 521-526. Girola G. (2012). "Solone Ambrosoli fondatore e primo direttore della RIN". En Rivista Italiana di Numismatica., Vol. CXIII. Páxinas 19-30. Gnecchi, F.; Gnecchi, E. (1906). "Necrologie: Solone Ambrosoli". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. XIX. Páxinas 439-441. Ricci, S. (1908). "L’opera numismatica di Solone Ambrosoli". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. XXI. Páxinas 13-32 [publicada tamén como separata]. Rovito, T. (1922). "Qmbrosoli, Solone". En Letterati e giornalisti italiani contemporanei. T. Rovito, Nápoles. Páxinas 11-12. "Solone Ambrosoli". En L'illustrazione italiana. Nº 40. 7 de outubro de 1906. Páxina 338.

Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Nados en Como Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de Parma Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Tradutores de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes