Uccle (en francés) ou Ukkel (en neerlandés) é un dos 19 concellos da rexión de Bruxelas-Capital, en Bélxica. Situado na parte sur da rexión, limita con Bruxelas, Forest, Ixelles, e Watermael-Boitsfort, así como cos concellos flamengos de Drogenbos, Linkebeek e Sint-Genesius-Rode. Como é habitual en todos os concellos desta rexión, é legalmente bilingüe (francés-neerlandés).
Demografía Segundo datos do 1 de xaneiro de 2024, tiña unha poboación de 86 806 habitantes.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Bruxelas-Capital