Bauryna Salu (en ) é un filme kazako de 2024 escrito e dirixido por Askhat Kuchencherekov. Foi escollido como candidato de Kazakhstán para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Seguindo a vella tradición nómade 'Bauryna Salu', Yersultan foi entregado ao nacer á súa avoa para que o criase. Creceu con resentimento e desconexión cos seus pais. Cando cumpre 12 anos, a súa avoa morre e ten que volver vivir coa familia que apenas coñece. Este proceso coincide cunha etapa de transformación e un intento de restaurar a relación entre el e os seus pais, especialmente o seu pai.
Personaxes Yersultan Yermanov como Yersultan Aydos Ayesbaev como o pai Bigaisha Salkynova como a avoa Dinara Shymyrbaeva como a nai Damir Daurenuly como Damir Yerkin Berikuly como Yerkin
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kazakhstán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua kazaka Categoría:Filmes de Kazakhstán