Emilia Pérez é un filme francés en lingua castelá de 2024 escrito e dirixido por Jacques Audiard. Baséase no libreto de ópera homónimo de Audiard, que adaptou libremente dun capítulo da novela de 2018 Écoute do escritor francés Boris Razon. O filme conta a historia dun líder de cartel mexicano (Karla Sofía Gascón) que contrata unha avogada (Zoe Saldaña) para que o axude a desaparecer e a facer a transición a muller. Selena Gomez, Adriana Paz, Mark Ivanir e Édgar Ramírez compoñen o resto do elenco.

Na 97ª edición dos Óscar, Emilia Pérez recibiu 13 nomeamentos, entre eles mellor filme, mellor director, mellor actriz para Gascón (que se converteu na primeira muller abertamente trans nomeada na categoría) e mellor actriz secundaria para Saldaña. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Personaxes Zoe Saldaña como Rita Mora Castro Karla Sofía Gascón como Emilia Pérez / Juan "Manitas" Del Monte Selena Gomez como Jessi Del Monte Adriana Paz como Epifanía Flores Édgar Ramírez como Gustavo Brun Mark Ivanir como Dr. Wasserman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar Bibliografía

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jacques Audiard Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes ambientados na Cidade de México Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical