Palmar de Varela é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico, na marxe occidental do río Magdalena. Este concello é completamente conurbado con Santo Tomás. Ten un único núcleo poboado baixo a súa xurisdición, Burruscos.

Historia A vila foi fundada o 23 de outubro de 1762 por Catalino Varela. O lugar onde comezou a aldea era rico nunha especie de palma chamada palma ou palmeira real, que deu lugar ao nome do concello.Sistema Nacional de Información Cultural , Ministerio de Cultura de Colombia.

A zona foi elevada á categoría de concello en 1857, segregada de Santo Tomás polos esforzos realizados por Pedro Antonio Caballero, motivados polo desenvolvemento da navegación no río Magdalena, desenvolvemento no que a participación da rexión engadiu importancia á poboación.Página de la Gobernación del Atlántico

Notas

Categoría:Concellos do Atlántico