Vaxholm é un concello sueco no condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Vaxholm.

O concello de Vaxholm é un arquipélago no Báltico situado no sueste da provincia histórica de Uppland. Está formado por 70 illas das cales 57 están habitadas.

A comezos da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector servizos, aínda que o municipio tamén ten unha longa tradición co sector do turismo.

Dende a fundación do municipio en 1971 a poboación medrou e en decembro de 2024 Vaxholm tiña 11 822 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo