O río Luna (Ḷḷuna ou Tsuna en leonés) é un curso de auga que atravesa parte da provincia de León, en España. Nace ao oeste da comarca de Babia, comarca situada ao norte de León, nos terreos de Quintanilla de Babia e finaliza en Secarejo, onde se une co río Omaña para dar orixe ao Órbigo. Está represado polo encoro de Los Barrios de Luna.

Nacemento e curso alto O río Luna ten a súa cabeceira no porto de Piedrafita de Babia, onde se produce un proceso de captación das augas que se dirixen en dirección sur polos afluentes do río Sil, que flúen cara ao oeste por vales de pendente máis pronunciada e ten maior capacidade erosiva. As súas augas baixan regando os prados de Cabrillanes, San Félix de Arce, Huergas, Riolago, Robledo, Cospedal e Villasecino. En Puente Orugo absorbe ao río Torrestío, que recolle as augas do val de San Emiliano, achegadas pola vertente sur do macizo no que se asentan os lagos de Somiedo, as derramadas pola vertente sur do porto de Ventana e polas ladeiras do poñente de Peña Ubiña. Uns metros máis abaixo pasa por Villafeliz, que sofre os efectos das enchentes en época de desxeo. A seguinte vila que rega este río é Rabanal de Luna, que xa pertence á comarca de Luna.

miniatura|centro|600px|Val do río Luna dende a torre de Ordás.

Encoros miniatura|esquerda|400px|Puente Fernández Casado sobre o encoro de Barrios de Luna, no río Luna. En Sena de Luna está a cola do encoro de Barrios de Luna. Á altura da vila somerxida de San Pedro, recibe as augas do río Caldas e as do río Aralla, que chega despois de atravesar o estreito val de Aralla de Luna. En Los Barrios de Luna está o encoro, cuxas augas se utilizan fundamentalmente para regar a Ribera e o Páramo. Poucos quilómetros máis abaixo o río Luna ten un encoro máis, o de Selga de Ordás, previo paso polas localidades de Mora de Luna, Vega de Caballeros, Garaño, Canales-La Magdalena. Presa abaixo, encóntranse Selga de Ordás, Tapia de la Ribera, Rioseco de Tapia, Sorrios de Ordás, Santibáñez de Ordás, Santa María de Ordás, Espinosa de la Ribera, Villarrodrigo de Ordás, Mataluenga e Villarroquel.

Nacemento do Órbigo miniatura|O río Luna ao morrer. En Santiago del Molinillo o Luna únese co río Omaña, que baixa dende a comarca á que dá nome, para dar lugar ao nacemento do río Órbigo, afluente do río Esla, que desemboca finalmente no río Douro.

Notas

Categoría:Afluentes do Órbigo