Enrique Otero Suárez, nado na Coruña en 1972 é un cineasta, guionista e compositor galego. É coñecido por ser o director dos filmes Crebinsky (2011) e Honeymoon (2023).

Traxectoria Formouse como técnico superior en realización pola Escola de Imaxe e Son de Vigo. Comezou no audiovisual na década de 1990 coa realización de pezas de publicidade e curtametraxes. A finais desta década dirixe un documental e, no ano 2000, traballa como videoasistente nunha longametraxe, continuando coa dirección de curtametraxes. Un ano despois realiza o videoclip "Mundo Increíble" da banda Kozmic Muffin. Dende 2002 dirixiu diversas curtametraxes e traballou para a TVG e a TVE en programas de produción propia e series de ficción, tanto como músico como realizador. En 2004 encargouse da sonorización da curtametraxe de animación Minotauromaquia.

Estivo nomeado dúas veces na categoría Premio Mestre Mateo á mellor dirección, na 9ª edición por Crebinsky, e na 23ª edición por Honeymoon.

Filmografía 2002: Os Crebinsky (curtametraxe) 2006: Falan de nós (telefilme)  2011: Crebinsky 2023: Honeymoon

Notas

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia