miniatura|Sinal de benvida á rexión nunha autoestrada portuguesa do Algarve.|240x240px O sinal de benvida ou sinal de entrada é un sinal viario no limiar dunha cidade, concello, xurisdición ou rexión que introduce ou acolle aos visitantes no lugar. Pódense atopar exemplos de sinais de benvida preto das fronteiras políticas, como cando se entra nun estado, provincia, condado, cidade ou vila, e poden existir tamén en barrios e comunidades privadas.
Nos países europeos baixo o Acordo de Schengen, pódese atopar un sinal de benvida nas fronteiras entre países. A súa finalidade é en parte informativa, para informar os condutores onde se atopan, e en parte turística, xa que ofrece a oportunidade de anunciar características da rexión ás persoas que están a entrar nela. Un sinal de benvida é un tipo de sinal urbano: un sinal situado na entrada e na saída dunha vila, cidade ou aldea. En moitas xurisdicións, o formato dos letreiros da cidade está estandarizado; nalgúns, os sinais de benvida poden ser distintos do letreiro legalmente obrigado da cidade.
Sinais de benvida en Galicia
En Galicia existen tanto sinais de benvida regulados e estandarizados, coma outros propios de vilas, parques ou outras localizacións que dependen de administracións locais, comarcais ou mesmo deputacións.
Os sinais de benvida presentes en estradas e autoestradas que fan referencia a estados, provincias e núcleos de poboación adoitan estar estandarizados: País: na fronteira galega con Portugal, o sinal de benvida consiste nun panel azul coas estrelas amarelas da Unión Europea e o nome do estado no que se entra dentro das estrelas. Comunidade autónoma e provincia: os cartaces de entrada en cada provincia e na Comunidade Autónoma de Galicia son verdes con letras brancas. Núcleo urbano: o sinal de entrada dos núcleos urbanos adoita ser branco, rectangular, con letras en negro e marxes en cor vermello.
Pola contra, outros sinais de benvida propios de cidades, parques naturais, nacionais ou outros lugares, non están estandarizados, polo a súa localización, tamaño, cores ou mesmo materiales poden variar. Nos parques naturais e nacionais, os sinais adoitan ser de madeira, con cores e estilo que intenta respectar ou simular a contorna natural. Ás veces, existen sinais de benvida a vilas e cidades turísticas nas que se tenta salientar o máis destacado do lugar con fins turísticos ou comerciais.
Ás veces, outras adminsitracións, coma gobernos de comunidades autónomas, poden establecer as súas propias normas de sinalización homoxeneizada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Miradoiro
Categoría:Semiótica