Ellen Niit, tamén coñecida como Ellen Hiob, nada en Talín o 13 de xullo de 1928 e finada na mesma cidade o 30 de maio de 2016, foi unha escritora, poeta e tradutora para nenos estoniana. Ao longo da súa vida, escribiu máis de corenta libros de prosa e poesía para nenos. Tamén escribiu unha serie de coleccións de prosa e poesía para adultos. As súas obras foron traducidas a dezaoito idiomas.
Foi membro da Unión de Escritores de Estonia dende 1954. En 1996, foi incluída na Lista de Honra de IBBY.
Traxectoria Estudou en Tapa e despois en Talín, antes de estudar filoloxía estoniana na Universidade de Tartu, na que se graduou en 1952. En 1949 casou co folclorista e investigador literario Heldur Niit. En 1953, tiveron un fillo, Toomas Niit. De 1956 a 1961, foi consultora de poesía para a Unión de Escritores da República Soviética de Estonia.
En 1958, a parella Niit se divorciou e ela casou co escritor Jaan Kross, con quen tivo tres fillos. En 1961, foi obrigada a dimitir do seu cargo de consultora por razóns ideolóxicas. Despois comezou a editar programas infantís para a televisión de Estonia e, en 1963, converteuse en tradutora -especialmente do húngaro, do finés e do ruso- e autora independente. Morreu o 30 de maio de 2016 en Talin.
Obra Escribiu máis de corenta libros infantís, en prosa e en verso, ademais de dúas obras teatrais. Tamén traduciu varias coleccións de poesía ao estoniano.
1954, Kuidas leiti nääripuu (Como atopar unha árbore de Aninovo) 1954, Kuidas leiti nääripuu: laulumäng lastele 1957, Rongisõit 1963, Pille-Riini lood 1967, Karud saavad aru 1967, Jutt jänesepojast, kes ei tahtnud magama jääda 1968, Õues kasvab tiritamm 1968, Pähklist paat 1968, Imeline autobuss 1970, Lahtiste uste päev 1970, Triinu ja Taavi jutud 1971, Suur maalritöö 1971, Koolilapse 12 kuud: [kalender] 1971/72 1973, Lahtiste uste päev 1974, Midrimaa 1975, Triinu ja Taavi taskuteater 1977, Triinu ja Taavi uued ja vanad lood 1977, Nääriametid 1979, Oma olemine, turteltulemine 1979, Krõlli-raamat 1979, Ott kosmoses 1980, Filmikrõll 1981, Sügispeeglimäng: värsse R. Kutsjuba pildisarja juurde 1982, Jänesepojaõhtu koos isaga 1983, Suur suislepapuu 1984, Enne punaseid palituid : mõned koguklassinäidendid lastele 1984, Seitse väikest kuulujuttu 1985, Meil maal 1989, Tõmblukuga kass 1993, Tere, tere, lambatall! : lugusid väikestele lastele ja nende emadele 1993, Kuidas Krõll tahtis põrandat pesta 1994, Krõlli värviraamat 1994, Krõll ja igasugused hääled 1995, Krõlli pannkoogitegu 1996, Kanaema kook 1998, Onu Ööbiku ööpäev 1999, Ühel viivul vikervalgel 1999, Pikk päkapikupäev 2000, Kaelasall päkapikule 2001, Jakobi raamat 2001, Rongisõit 2002, Veel ja veel : Krõlliga maal ja veel 2004, Jänkujenka 2006, Laste laulud 2007, Jutt jänesepojast, kes ei tahtnud magama jääda 2008, Noorte lehtede päev 2008, Laulud emast 2012, Taeva võti : luulet lastele 1954–2008 2013, Pille-Riini lood 2013, Mänguvesi: luulet lastele 1954-2008 2015, Suur maalritöö 2017, Onu Ööbik Öösorri tänavast 2018, Jutt jänesepojast, kes ei tahtnud magama jääda 2022, Rongisõit
Recoñecementos Foi galardoada co Premio Estoniano de Literatura Infantil tres veces, e estivo na Lista de Honra do IBBY en 1996. En 1999, foi galardoada coa estrela branca, clase III. En 2009, foi galardoada co Premio Estatal de Cultura de Estonia. En xullo dese ano, no parque escultórico de Kiskőrös, en Hungría, foi inaugurado un busto de Niit, dedicado aos tradutores das obras do poeta húngaro Sándor Petőfi. Ao ano seguinte, 2010, foi galardoada coa Insignia do escudo de armas de Talín.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Talín Categoría:Finados en 2016 Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Poetas en lingua estoniana Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Tradutores ao estoniano