O Parque Nacional de Alutaguse () é un parque nacional que se atopa na zona nordés de Estonia. Foi creado no ano 2018, o que o converte no máis novo dos seis parques nacionais do país.
O parque atópase principalmente nas terras baixas de Alutaguse. Esta rexión caracterízase por unha escasa densidade de asentamentos e unha elevada porcentaxe de paisaxes naturais. Aproximadamente o 54% do parque está formado por turbeiras e o 42% por bosques.
É fogar de moitas especies raras ou escasas, entre as que se inclúen o esquío voador, o lagópodo común e a cegoña negra.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Áreas protexidas de Estonia
Categoría:Parques nacionais de Estonia