Cidade da Selva foi o nome dun conxunto de campamentos guerrilleiros que funcionou nos arredores de Casaio, Carballeda de Valdeorras, entre 1941 e 1946.

Historia e características miniatura|Restos arqueolóxicos atopados na Cidade da Selva.

Calcúlase que no momento de maior actividade (antes da súa caída a mans da Garda Civil) este grupo de asentamentos guerrilleiros chegou a acoller máis dun cento de combatentes antifranquistas. Na Cidade da Selva celebráronse a maioría dos congresos da Federación de Guerrillas de León-Galicia, e alí estivo situado o estado maior da Federación.

Dende 2017 o proxecto de investigación Sputnik LabregoSputnik Labrego traballou sobre o terreo e deu a coñecer esta rede de asentamentos, a organización das partidas distribuídas nestes montes, a vida cotiá dos guerrilleiros e o papel da muller na guerrilla. Tamén traballaron na investigación sobre a mina de volframio de Valborraz xestionada polos nazis en Casaio.Pérez Pena, Marcos (31/1/2019). "Casaio: Os segredos da mina de volframio que os nazis dirixían en Valdeorras" praza.gal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Pérez Pena, Marcos (2/9/2019). "É imposible entender a Cidade da Selva sen contextualizala co que estaba a pasar na Segunda Guerra Mundial" praza.gal.

Categoría:Cidades desaparecidas Categoría:Guerrilla antifranquista