Felicidad Insuela Castro, máis coñecida como Felicia de Fofe, nada en Fofe (Covelo) en 1929 e finada en Pontevedra o 25 de abril de 2016, foi unha cantareira galega.

Traxectoria Criouse nunha familia humilde. Da súa avoa herdou o gusto pola música tradicional, de feito, ensinoulle a tocar a cabaza, un instrumento formado por unha cabaza e mais unha cuncha de vieira, golpeadas con dedais de madeira de buxo.

De moza, emigra a León e, posteriormente, a Alemaña xunto co seu marido, Antonio Agulla. Traballou no sector da hostalaría. Ao regreso da emigración, pasan a vivir en Paredes (Vilaboa). Sufriu a perda de dez fillos.

Homenaxes e influencia En 1997 Mercedes Peón levouna xunto con outras veciñas de Fofe ao Luar. En 2010, o programa da TVG Alalá dedicoulle un capítulo a Felicia e dende entón acudiu de forma habitual. Colaborou na fundación da Asociación Cultural de Paredes.

Como cantareira, foi unha gran transmisora de literatura oral. Destacou artisticamente polos contos, romances, parrafeos, cantares, arrolos, Reis, labradas, seráns etc. Era especialista en cantigas verdes.

En 2015 recibiu unha homenaxe no Museo de Pontevedra. Foi homenaxeada tamén na XXI edición do Memorial Ricardo Portela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Cantantes de Galicia

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Covelo Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Cantareiras galegas