Kaja Kallas (pronunciado kaia kallas en estoniano) nada o 18 de xuño de 1977 en Talín (RSS de Estonia, Unión Soviética) é unha política estoniana que exerceu como primeira ministra de Estonia de 2021 a 2024, ata o seu nomeamento como Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, e vicepresidenta da Comisión Europea, no gabinete presidido por Ursula von der Leyen.
Kallas foi líder do Partido Reformista de Estonia de 2018 a 2024, membro do Riigikogu de 2011 a 2014 e de 2019 a 2021. Tamén foi deputada no Parlamento Europeo por Estonia de 2014 a 2018, e o segue sendo en 2025 pertencendo ao grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE). Antes da súa elección para o Riigikogu, traballou como avogada especializada en dereito da competencia da Unión Europea.
Kaja Kallas licenciouse en Dereito en 1999 na Universidade de Tartu e completou os seus estudos de posgrao na Escola de Negocios de Estonia en 2007. En novembro de 2018, Kallas publicou un libro, MEP: 4 aastat Euroopa Parlamendis (MEP: Four Years in the European Parliament), no que describe a súa vida e traballo en Bruxelas de 2014 a 2018.
Traxectoria
Familia Kaja Kallas é filla do ex primeiro ministro Siim Kallas, quen fora fundador e antigo presidente do Partido Reformista de Estonia e comisario e exvicepresidente da Comisión Europea; tamén foi o primeiro ministro que levou a cabo a entrada de Estonia na OTAN.
Durante a denominada Operación Pribói (as deportacións soviéticas de Estonia), a súa nai, Kristi, de seis meses de idade naquel momento, foi deportada nun vagón de ferrocarril a Siberia, coa súa avoa e a visavoa acusadas de colaborar con Alemaña, e viviu alí ata os dez anos. O bisavó de Kallas foi Eduard Alver[et], un dos fundadores da República de Estonia o 24 de febreiro de 1918 e o primeiro xefe da policía de Estonia desde 1918 ata o 24 de maio de 1919. Tamén foi o xefe de Kytseliit, unha formación militar de voluntarios que, durante a guerra de independencia de Estonia se opuxera ao Exército Vermello.
A ascendencia de Kallas é en parte letóa e alemá báltica, a través da súa familia paterna.
Formación Kaja Kallas ingresou en 1995 na Universidade de Tartu e licenciouse en Dereito en 1999. É membro do Colexio de Avogados de Estonia desde 1999 e avogada desde 2002. En marzo de 2011, quedou inactiva no Colexio de Avogados de Estonia. Foi socia do bufete de avogados Luiga Mody Hääl Borenius e Tark & Co e traballou como asesora executiva na Escola de Negocios de Estonia. Tamén foi membro da Alianza Antimonopolio Europea. En 2007, comezou os seus estudos na Escola de Negocios de Estonia e obtivo un EMBA (Master of Business Administration) en economía en 2010.
Carreira política
Deputada do Riigikogu (2011-2014) esquerda|miniatura|209x209px|Kallas, elixida deputada en 2011. No 2010, afiliose ao Partido Reformista de Estonia (en estoniano: Eesti Reformierakond). No 2011, foi candidata ao Parlamento de Estonia (Riigikogu) polo distrito electora do condado de Harju e de Rapla., recibindo 7.157 votos e resultou elixida para o XII Parlamento de Estonia. Entre 2011 e 2014, presidiu o Comité de Asuntos Económicos.
Deputada do Parlamento Europeo (2014-2018) En 2014, presentouse nas eleccións ao Parlamento Europeo e foi nomeada eurodeputada ao conseguir 21.498 votos. No Parlamento Europeo, Kallas formou parte da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e foi suplente na Comisión de Mercado Interior e Protección do Consumidor. Foi Vicepresidenta da Delegación na Comisión de Cooperación Parlamentaria UE-Ucraína, así como membro da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euronest e da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos. esquerda|miniatura|Kaja Kallas nun debate de Euranet Plus (a principal cadea de radio de noticias da UE). Ademais das súas tarefas de comisión, Kallas foi membro do Intergrupo do Parlamento Europeo sobre a Axenda Dixital e vicepresidenta do Intergrupo da Xuventude. Durante o seu tempo no Parlamento, Kallas traballou na estratexia do mercado único dixital, as políticas enerxéticas e de consumo e as relacións con Ucraína. En particular, defendeu os dereitos das pequenas e medianas empresas (pemes), argumentando que as fronteiras no mundo dixital dificultan a aparición de empresas innovadoras. Foi unha defensora da innovación e enfatizou con frecuencia que as regulacións non podían nin debían obstaculizar a revolución tecnolóxica.
Kallas foi a relatora en seis informes: un ditame sobre o chamado Regulamento de privacidade electrónica, normas de dereito civil sobre robótica e sobre o Informe anual sobre a política de competencia da UE, sobre a realización dun novo acordo para os consumidores de enerxía, a lexislación sobre infraccións e sancións aduaneiras e o informe de propia iniciativa sobre o mercado único dixital.
Durante o seu tempo no Parlamento, tamén foi nomeada candidata a EYL40 (Programa de Líderes Xuvenís Europeos). Ao final do seu mandato, a revista Politico citouna como unha das 40 eurodeputadas máis influentes e unha das mulleres máis poderosas de Bruxelas, e destacouna pola súa comprensión das cuestións tecnolóxicas.
Líder do Partido Reformista de Estonia (2018-2021) El 14 de abril de 2018, foi elixida líder do Partido Reformista de Estonia sendo a primeira muller estoniana líder dun partido. Baixo o seu liderado, o partido foi o máis votado nas eleccións parlamentarias do 3 de marzo de 2019, co 29% dos votos. Malia que a presidenta de Estonia, o 5 de abril, lle dá o encargo de formar goberno, non o conseguiu ao ser derrotada no Parlamento por 45 votos a prol dela, e 53 en contra. O anterior primeiro ministro saínte, Jüri Ratas, do Partido do Centro, finalmente gañou a confianza do Parlamento e xurou despois de formar unha coalición con EKRE e Isamaa. Segundo Kallas: "Gañou o ego masculino dos dirixentes centristas e conservadores. Preferiron aferrarse ás súas posicións, antes que respectar a súa promesa de non aliarse nunca co [partido de extrema dereita] EKRE".
Primeira Ministra (2021-2024) esquerda|miniatura|200x200px|Retrato oficial de Kallas, 2021. O 13 de xaneiro de 2021, Jüri Ratas anunciou a súa dimisión, xa que o Partido do Centro estaba implicado en sospeitas de corrupción vinculada ao seu financiamento e aos préstamos estatais concedidos a cambio. Daquela, o 14 de xaneiro de 2021, o presidente da República de Estonia, Kersti Kaljulaid, volveu a encargar a Kaja Kallas de formar goberno. O 25 de xaneiro de 2021, consegue a confianza do parlamento e formou un goberno de coalición liderado polo seu partido co Partido do Centro, ao contar cos votos de 59 deputados dos dous partidos, mais tamén co apoio do Partido Socialdemócrata de Estonia (SDE), chegando aos 70 deputados. Na mañá do 26 de xaneiro, tomou posesión de primeira ministra tras unha cerimonia no patio do palacio presidencial, converténdose na primeira muller, na historia de Estonia, en ocupar este cargo.
Primeiro goberno En novembro de 2021, mentres desde o verán milleiros de migrantes, na súa maioría procedentes de Oriente Medio, tentaban cruzar as fronteiras de Belarús con Polonia, Letonia e Lituania, Kallas, reafirmou o seu apoio a Polonia nesta crise fronteiriza entre Belarús e a Unión Europea.
Crise enerxética de 2021-2022 Durante o segundo semestre de 2021, a crise enerxética mundial de 2021-2022 tamén perturbou a economía de Estonia. Así, moitas empresas víronse obrigadas a pechar temporalmente, mentres que o cidadanía pedía axuda ao goberno polos elevados prezos da electricidade e da calefacción. Kallas inicialmente resistiu ás chamadas de axuda do goberno, suxerindo que o goberno debería buscar solucións a longo prazo en lugar de repartir beneficios gobernamentais, e que un mercado libre non debería esixir unha intervención gobernamental consistente para manter á xente a flote. Porén, a crise enerxética case provocou o colapso do goberno de coalición. Kallas, nun discurso, afirmou que o alto custo do gas natural combinado coa crise ruso-ucraína estaba a facer subir os prezos da enerxía; e que as medidas de enerxía verde de Estonia limitaron o que o goberno podería facer para facer fronte á crise. En xaneiro de 2022, Kallas anunciou un plan de 245 millóns de euros para reducir o custo da enerxía desde setembro de 2021 ata marzo de 2022. A crise enerxética afectou a popularidade de Kallas en Estonia.
O 3 de xuño de 2022, Kaja Kallas anunciou que pedira ao presidente Alar Karis que retirase dos seus cargos a todos os ministros do Partido do Centro pois consideraba que o acordo de coalición estaba "obsoleto". Fixera a solicitude despois de que o Partido do Centro de Estonia votase en liña co opositor Partido Popular Conservador de Estonia (EKRE) durante o debate sobre un proxecto de lei sobre educación. A seguir, o Partido Reformista propuxo abrir negociacións para un novo goberno de coalición con Isamaa (Patria) e o Partido Socialdemócrata.
Segundo goberno e eleccións lexislativas de 2023 O 15 de xullo chegouse a un acordo de coalición entre o Partido Reformista, Isamaa (Patria) e o Partido Socialdemócrata (SDE). Poucas días despois, Kaja Kallas recibiu a investidura dos votos de 52 deputados a favor, fronte a 26 en contra para formar o novo goberno de coalición. O novo executivo estaba formado por catorce ministros, cinco para cada un dos dous novos socios dos liberais, e catro para estes últimos, ademais da xefatura do Goberno. O 18 de xullo, o novo equipo ministerial tomou posesión e comezou a gobernar.
Crise ruso-ucraína Durante a crise ruso-ucraína, Kallas afirmou que o gasoduto Nord Stream 2 era "un proxecto xeopolítico, non económico" e pediu o peche do gasoduto. Tamén dixo que a dependencia de Europa do gas natural ruso era un problema político importante.
En xaneiro de 2022, Kallas comprometeuse a doar obuses a Ucraína para axudar á súa defensa contra unha posible invasión rusa, á espera da aprobación alemá, xa que os obuses foron comprados orixinalmente a Alemaña. Cando Alemaña atrasou a resposta, Estonia despregou mísiles antitanque Javelin nas primeiras semanas de febreiro de 2022. Tras o recoñecemento por parte de Rusia das repúblicas populares de Donetsk e Lugansk, Kallas esixiu que a Unión Europea establecese sancións contra Rusia. Kallas foi eloxiada internamente polo seu liderado durante a crise entre Rusia e Ucraína.
Tras a invasión rusa de Ucraína, que comezara o 24 de febreiro de 2022, Estonia, xunto con outros aliados, desencadeou o artigo 4 da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Kallas prometeu apoiar a Ucraína con apoio político e subministracións militares, equipos e armas. En abril de 2022, o 0,8% do PIB per cápita de Estonia, entregando máis equipos militares a Ucraína como proporción do PIB per cápita que calquera outro país do mundo. Kallas foi eloxiada tanto en Estonia como internacionalmente e no estranxeiro como unha das principais voces pro-ucraínas na guerra, e o xornal New Statesman alcumouna como a "Nova Dama de Ferro de Europa". Tamén apoiou firmemente a admisión de Ucraína na Unión Europea, afirmando que había un "deber moral" de facelo. Pouco despois, o seu nome apareceu entón entre os posibles candidatos ao posto de secretario xeral da OTAN.
Eleccións lexislativas de 2023 O 6 de marzo de 2023, ao día seguinte das eleccións lexislativas, o partido de Kaja Kallas foi o máis votado co 31,24% dos votos, saíndo moi reforzado respecto a lexislatura anterior, fronte ao 16,05% do Partido Popular Conservador de Estonia, de Martin Helme, e do 15,28% do Partido do Centro encabezado por Jüri Ratas. Eses foran os mellores resultados do Partido Reformista dende a súa creación en 1994.
Terceiro goberno miniatura|Kallas con Pedro Sánchez durante a asistencia desta ao Consello Europeo e ó Cumio UE-Balcáns.