Thomas Graham, nado en Glasgow (Escocia), o 20 de decembro de 1805 e finado en Londres (Inglaterra), o 16 de setembro de 1869, foi un químico escocés coñecido polo seu labor iniciador na diálise e na difusión dos gases. Está considerado como un dos fundadores da química dos coloides."Thomas Graham". Encyclopaedia Britannica (Britannica.com).Stanley, M. (2004). "Thomas Graham, British chemist". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
Graham recibiu o título de Master of the Mint, equivalente ao de director da Casa da Moeda de Londres, cargo que exerceu entre 1855 e 1869.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Thomas Graham naceu en 1805 en Glasgow, cidade na que cursou a súa educación secundaria. O seu pai era un próspero fabricante téxtil e quería que o seu fillo ingresase na Igrexa de Escocia, mais no canto diso desafiou o desexo paterno e ingresou na Universidade de Glasgow en 1819 para estudar a carreira de Química, da que se graduou en 1824.Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002. Biographical Index. Part One. The Royal Society of Edinburgh. 2006. ISBN 0-902-198-84-X
Logo proseguiu a súa formación estudando Medicina na Universidade de Edimburgo e, concluídos os seus estudos, exerceu brevemente como profesor de Química na Facultade de Medicina da Universidade de Glasgow. En 1828 foi elixido membro da Royal Society de Edimburgo, por proposta de Edward Turner, e foi merecedor da medalla Keith desta sociedade no período 1831-1833.
Carreira posterior En 1830, Thomas Graham foi nomeado primeiro profesor de Química na Anderson's Medical School, da Universidade de Strathclyde, e posteriormente trasladouse á Universidade de Londres para ocupar alí unha cátedra.Williamson, A. (1869). Nese período fundou alí a Chemical Society en 1841. En 1866 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.
O derradeiro cargo de Graham foi o de Master of the Mint, equivalente ao de director da Real Casa da Moeda de Londres, que exerceu desde 1855 ata o seu falecemento. Foi a derradeira persoa nomeada con este título,Pallab Ghosh (2009). Colloid and Interface Science. PHI Learning. Páxina 1. ISBN 978-81-203-3857-9 xa que posteriormente, o posto foi refundido co de ministro de Facenda."A list of the Masters of the Mint". En Rogers, R. (1840). Annals of the Coinage of Great Britain and its Dependences. Vol. I. J. Hearne, Londres.
Thomas Graham finou en Gordon Square, Londres, e os seus restos mortais foron trasladados a Glasgow para ser soterrados alí, nunha propiedade familiar na Catedral de Glasgow.
Labor como científico Véxase tamén: Lei de Graham Thomas Graham é coñecido polos seus estudos sobre o comportamento dos gases, que deron lugar á formulación dúas teorías, ambas coñecidas desde aquel momento como «leis de Graham»: a primeira relativa á difusión dos gases,"Graham diffusion". Lemoyne.eduGraham, T. (1833). "On the Law of Diffusion of Gases". En Philosophical Magazine, 2. Páxinas 175-190, 269-276, 351-358.Cussler, E. L. (2009). Diffusion: Mass Transfer in Fluid Systems. Cambridge University Press. Páxinas 13 e seguintes. ISBN 978-0-521-87121-1 e a segunda relativa á efusión dos gases."Graham effusion". Lemoyne.eduTrefil, J. S. (2003). The Nature of Science: An A–Z Guide to the Laws and Principles Governing Our Universe. Houghton Mifflin Harcourt. Páxinas 187 e seguintes. ISBN 978-0-618-31938-1
Graham tamén fixo descubertas fundamentais relacionadas coa diálise, un proceso utilizado na investigación e en contornas industriais, así como na atención sanitaria moderna. O estudo de Graham sobre os coloides deu como resultado a súa capacidade para separar coloides e cristaloides mediante o chamado «dializador», utilizando unha tecnoloxía precursora da das modernas máquinas de diálise renal."Colloid (Phisics)". Encyclopaedia Britannica (Britannica.com). Estes estudos foron fundamentais no campo coñecido como "química de coloides", e Graham é considerado un dos seus fundadores.
Publicacións
Graham, T. (1833). "On the Law of Diffusion of Gases". En Philosophical Magazine, 2. Páxinas 175-190, 269-276, 351-358. Graham, T. (1833). "Researches on the Arseniates, Phosphates, and Modifications of Phosphoric Acid". En Philosophical Transactions. 123. Páxinas 253-284.
Honras e recoñecementos miniatura|Estatua de Graham en George Square, Glasgow Membro honorario da Royal Society de Edimburgo (1828), e receptor da medalla Keith desta sociedade (1831-1833). Membro da Royal Society (1836), e receptor da Medalla Real desta sociedade (1837 e 1863). Primeiro presidente da Sociedade Química de Londres (1841). Doutor honoris causa da Universidade de Oxford (1853). Medalla Copley da Royal Society (1862).«Royal Medal». The Royal Society (Royalsociety.org). Premio Jecker da Academia de Ciencias de París (1862). Estatua de Graham, por William Brodie, en George Square, Glasgow (1872)."George Square Thomas Graham Statue". Historic Environment Scotland. O edificio de Química do Royal College of Science and Technology da Universidade de Strathclyde), chámase Thomas Graham Building desde 1962."Thomas Graham Building". Accessable.co.uk A sede da Royal Society of Chemistry en Cambridge, Inglaterra, chámase Thomas Graham House."Thomas Graham House". Royal Society of Chemistry (RSC.org).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cooke, J. P. (1870). "Memoir of Thomas Graham". En Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences. Vol. VIII. 24 de maio. Páxinas 230-239. Williamson, A. (1869). "The Late Professor Graham". En Nature. 1 (1). Páxinas 20-22
Outros artigos
Lei de Graham Director da Royal Mint
Ligazóns externas
Thomas Graham papers
Categoría:Nados en 1805 Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Finados en 1869 Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Profesores do University College London Categoría:Profesores da Universidade de Strathclyde Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Oxford Categoría:Químicos de Escocia Categoría:Directores da Royal Mint Categoría:Medalla Copley