Pombero: The Lord of the Night é un videoxogo independente paraguaio de terror psicolóxico en primeira persoa, desenvolto por Inside Studios e distribuído por Warani Studios. Lanzouse orixinalmente en 2020, na plataforma de Steam, posteriormente, foi remasterizado e relanzado o 7 de xuño de 2024 e está dispoñible en plataformas como PlayStation 4, PlayStation 5, Xbox One, Xbox Series X e Series S e PC. Sinopse
O xogador asume o papel de Albert Hertz, un xornalista que regresa ao seu país natal, Paraguai, en busca de respostas sobre a misteriosa morte da súa nai. Esta investigación lévao a descubrir as súas orixes nun lugar remoto onde o terror axexa.
Xogabilidade
O videoxogo caracterízase polo seu estilo de «metraxe atopada» (found footage) en primeira persoa. O xogador debe utilizar unha cámara en modo de foto e vídeo para descubrir pistas e superar desafíos. Ademais, conta cun acendedor e un inventario para interactuar coa contorna. Inspirado en xogos como Silent Hill, Outlast e Dread Out, a narrativa desenvólvese nun ambiente escuro e hostil, ambientado na campiña paraguaia. O videoxogo incorpora elementos do folclore paraguaio, especificamente a lenda do Pombero, unha figura mítica coñecida como o «señor da noite».
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Malavision: The Beginning Silent Hill (videoxogo)
Categoría:Videoxogos de 2024 Categoría:Videoxogos independentes Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Paraguai Categoría:Videoxogos de terror