Manuel de la Peña Dorado, nado en Baralla cara a 1899 e finado en Lugo o 9 de marzo de 1947, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Iniciou estudos de Medicina. Pasou en 1927 a estudar Dereito, carreira que rematou en 1935. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado tenente de alcalde de Neira de Xusá en 1927 e despois alcalde. En 1932 fóille incoado expediente por responsabilidades por un acordo ilegal en relación co nomeamento do médico municipal asinado como alcalde en 1927.BOP Lugo, 15-10-1932, p. . Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi designado presidente da Comisión xestora do concello. Foi nomeado alcalde de Neira de Xusá en xaneiro de 1937,BOP Lugo, 11-5-1937, p. 1. renunciou ao cargo por “motivos de saúde” en agosto de 1937.BOP Lugo, 25-8-1937, p. Foi nomeado xuíz comarcal de Láncara en 1939. En 1940 foi designado xuíz municipal de Neira de Xusá. En 1946 volveu ser nomeado xuíz comarcal de Láncara. Finou en Lugo o 9 de marzo de 1947 aos 47 anos.Necrolóxica en El Progreso, 11-4-1947, p. 3.

Vida persoal Casou con Celestina Dolores Vázquez Platas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A escola de Papín

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1947