Xiong Shili (en chinés tradicional e simplificado: 熊十力; en pinyin: Xióng Shílì), nado en Huanggang (provincia de Hubei) o 18 de febreiro de 1885 e finado en Shanghai o 23 de maio de 1968, foi un filósofo e erudito chinés. Faleceu a causa dunha folga de fame contra a Revolución Cultural.

Traxectoria Xiong Shili naceu en Huanggang, na provincia de Hubei, nunha familia de campesiños pobres, polo que dende pequeno se dedicou ao coidado das vacas. Entre os 13 e os 14 anos, ambos os seus pais enfermaron e morreron. Algún tempo despois, estudou durante seis meses na escola privada dun amigo do seu pai, He Chengmu. Entre os 16 e os 17, marchou do rural para continuar a súa aprendizaxe. Baixo a influencia da facción reformista, afondou nas obras de Mencio, Wang Fuzhi e Gu Yanwu, polo que abrollou del o desexo de sumarse á revolución contra os Qing.

Pasou un tempo en Beijing. Porén, o 29 de outubro de 1954, acompañado polos seus discípulos Liu Gongchun e Zhou Pengchu, abandonou a capital para trasladarse a Shanghai, onde permaneceu o resto da súa vida. Antes da viaxe, Dong Biwu, Wu Yuzhang e outros amigos invitárono a unha cea de despedida.

Tras o comezo da Revolución Cultural, en 1966, entraron na súa casa e confiscáronlle as súas posesións, sendo sometido á crítica pública. Indignado pola actuación da Garda Vermella (China), escribiu unha carta de protesta ás autoridades centrais. Naquel momento, considerou que a cultura chinesa estaba en decadencia.

En 1968, empezou unha folga de fame. Non deixou de escribir, mais destruía e volvía a redactar constantemente os seus textos. Entre a primavera e o verán dese mesmo ano, enfermou de pulmonía, negándose a tomar calquera menciña. Tivo que ser ingresado nun hospital polas altas febres. Finalmente, faleceu por unha insuficiencia cardíaca o 23 de maio, aos 84 anos.

Publicacións Xin weishi lun ("Un novo tratado sobre a só-conciencia") Popo xin weishi lun ("Refutación da refutación so novo tratado sobre a só-conciencia") Yuanru ("As orixes do confucianismo") Ti yong lun ("Tratado sobre a substancia e a función") Shili yu yao ("Ditos esencias de Shili") Dujing shi yao ("Fundamentos para a lectura dos clásicos") Fojia ming xiangtong shi ("Unha explicación comprehensiva dos termos budistas") Qiankun yan ("O desenvolvemento do universo") Tangshi foxue jiupai fandui Xuanzang zhi anchao ("A oposición clandestina budista a Xuanzang durante a dinastía Tang")

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Filósofos da China Categoría:Nados en 1885 Categoría:Nados en Hubei Categoría:Finados en 1968