A Academia Estoniana das Artes (en , EKA) é a única universidade pública de Estonia con educación superior en arte, deseño, arquitectura, medios de comunicación, historia da arte e conservación e restauración. Ten a súa sede en Talín.

Segundo os Estatutos da EKA, o obxectivo principal da actividade da Academia Estoniana das Artes é promover a creatividade e a investigación, permitindo a adquisición dunha educación superior contemporánea baseada no estudo integrado, que cumpra os estándares de ensino superior. Coa Lei núm. 145 do Ministro de Educación e Investigación de Estonia do 10 de febreiro de 2007, a EKA foi acreditada por un comité internacional de expertos como institución.

A Academia Estoniana das Artes asinou preto de 80 acordos bilaterais con universidades que participan no programa Erasmus, mais tamén ten institucións socias fóra do espazo de ensino superior Erasmus: en Suíza, os Estados Unidos, Rusia, Australia e tamén con algunhas universidades privadas da Unión Europea.

Historia Fundación A orixe de EKA remóntase a 1914, cando a Sociedade de Arte de Estonia fundou a Escola de Arte Industrial de Talín. Foi a primeira e durante un tempo a única escola de arte de Estonia. Os fundadores basearon o currículo orixinal no da escola de arte fundada polo barón Alexander von Stieglitz en San Petersburgo. Este sistema priorizaba as competencias técnicas e prácticas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Academia de Artes de Estonia