A tempada 1915/16 foi a segunda de existencia do Deportivo Auténtico, trala súa escisión do Deportivo da Coruña.
Resumo A tempada 1915/16 do Deportivo Auténtico deu inicio en agosto de 1915, nun partido contra o Club Ferrol en Riazor correspondente á ida da Copa Amboage, cuxo encontro de volta non se xogaría ata máis dun ano despois. En outubro, o club conquistou contra o Deportivo Lugo o Campionato do Noroeste (torneo celebrado en Lugo con motivo das festas de San Froilán) e contra o Real Club Coruña a Copa da Asociación de Prensa da Coruña.
No mes de novembro, no medio dun conflito coa Federación Galega de Fútbol, o Deportivo Auténtico e o Real Club Coruña, que ían participar no Campionato de Galicia desa tempada xunto co Fortuna de Vigo, retiráronse do mesmo e formaron a Unión Galega de Clubs xunto co Vigo Sporting, organizando un campionato propio no que tomaron parte os tres clubs desconformes coa FGF. Este Campionato da Unión foi coñecido tamén como o Campionato de Honra e constou de seis xornadas. O Deportivo venceu en dúas ocasións ao Real Club Coruña, pero perdeu contra o Vigo Sporting tanto en Coia como na Coruña, proclamándose campión o club vigués.
Finalmente en maio o Deportivo volveu xogar dous novos partidos contra o seu máximo rival, o Real Club Coruña, encontros dos que se seleccionarían varios xogadores de ambos clubs para formar unha selección coruñesa para contender con outra viguesa. No primeiro destes partidos debutou o gardameta Sardinero, que defendería a portería do Deportivo durante os seguintes anos. O Coruña saíu vencedor dos dous encontros.
Persoal Xogadores +PosNacNomePORCharryPORGilPORSardineroDEFFaustinoDEFManuel FernándezDEFAncosDEFCarballalDEFChasDEFOteroDEFSeijoMEDPisosMEDMéndezMEDCabreraMEDReyMEDCondeMEDLuis BorrazásMEDCastroDIASerapioDIAAngelitoDIASisoDIAFitoDIAMellaDIACaramésDIARegueiroDIASeveroDIAAmorDIAÁngel BorrazásDIAChuchoDIALópezMesa
Xunta directiva +CargoNomePresidente Carlos González de AncosVicepresidente Ramón BorrazásSecretario Serapio RodríguezTesoureiro Eugenio CharryContador Emilio MosqueraVogais Ricardo Martínez Jorge Parra Rosendo Silva Angelito García
Partidos
Amigables
Copa Amboage
Campionato do Noroeste
Copa da Asociación de Prensa da Coruña
Campionato da Unión
Notas
1916 Categoría:Fútbol en 1915 Categoría:Fútbol en 1916