Adolescence é unha miniserie de televisión británica de drama psicolóxico creada por Jack Thorne e Stephen Graham e dirixida por Philip Barantini. Conta a historia dun rapaz de 13 anos chamado Jamie Miller (intepretado por Owen Cooper) que é detido tras o asasinato dunha nena no seu colexio. Cada un dos seus episodios foi rodado nunha única toma continua.

Adolescence estreouse en Netflix o 13 de marzo de 2025, onde conta con versión subtitulada en galego. Logo da súa estrea conseguiu a aclamación pola súa dirección, guión e fotografía, con especial atención á atmosfera e ás interpretacións. Adolescence foi o primeiro programa en liña en situarse na parte superior das clasificacións semanais de televisión de Barb Audiences.

O 9 de abril de 2025, Deadline informou de que Netflix e Plan B Entertainment estaban a conversar sobre unha segunda tempada da serie.

Personaxes Principais Stephen Graham como Eddie Miller Ashley Walters como Luke Bascombe Faye Marsay como Misha Frank Mark Stanley como Paul Barlow Christine Tremarco como Manda Miller Owen Cooper como Jamie Miller Amélie Pease como Lisa Miller Hannah Walters como Mrs Bailey Jo Hartley como Mrs Fenumore Fatima Bojang como Jade Kaine Davis como Ryan Kowalska Amari Bacchus como Adam Bascombe Erin Doherty como Briony Ariston

Secundarios Emilia Holliday como Katie Leonard Lewis Pemberton como Tommy Austin Haynes como Fredo Alfie Ward como Moray Elodie Grace Walker como Georgie Douglas Russell como Victor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión con versión galega