O Seattle Torrent é un futuro equipo da Professional Women's Hockey League (PWHL) con sede na cidade de Seattle (Washington, Estados Unidos). O equipo anunciarase oficialmente o 30 de abril de 2025.
Historia Fundación Logo da PWHL Takeover Tour, unha xira de partidos de exhibición xogados en sedes neutrais en cidades do Canadá e os Estados Unidos, comezou a especularse cos posibles equipos que se unirían á competición. Unha das cidades máis sinaladas foi Seattle, que se ben non bateu un récord de asistencia na xira posúe unha boa base de afeccionados ao deporte feminino e un gran recinto que acolle partidos da NHL e da WNBA.
O segredo do anuncio da primeira expansión desvelouse accidentalmente poucos días antes da presentación do outro equipo, con sede en Vancouver, cando o logotipo de ambos os dous novos equipos apareceu na sección da "tenda" no sitio web oficial da PWHL durante parte do luns 21 de abril de 2025. A liga non confirmou a creación da nova franquía e simplemente anunciou un "anuncio importante relacionado co hóckey feminino en Seattle" o 30 de abril.
Pavillón Datos de asistencia
Datos de asistencia ao Climate Pledge Arena Ano Asistencia media 2025-26 12 875
Personalidades Xogadoras Capitás miniatura|250px|Hilary Knight foi a primeira capitá do Seattle Torrent. A lenda do hóckey sobre xeo feminino estadounidense Hilary Knight é a primeira capitá do equipo do estado de Washington. Knight, capitá da selección estadounidense, chegou á nova franquía procedente do Boston Fleet, equipo do que tamén era capitá ata a súa saída no proceso de construción dos novos equipos de exansión, converténdose na primeira xogadora en asinar co equipo de Seattle.
Capitás do Seattle Torrent Nome(s) Período Hilary Knight 2025-
Eleccións na primeira rolda do draft
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2025 Jenna Buglioni 8º Ohio State (NCAA) 2026 Abbey Murphy 2º Minnesota (NCAA)
Adestradores miniatura|250px|Steve O'Rourke, adestradora do equipo na tempada do seu debut na PWHL. O 20 de xuño de 2025 anunciouse que Steve O'Rourke sería o encargado de dirixir a nova franquía de Seattle. O'Rourke, con máis de 15 anos de carreira nos banquillos, chegou a Seattle logo de ter sido cesado nos Oshawa Generals da Ontario Hockey League (OHL) en decembro de 2024.
Adestradores do Seattle Torrent Nome(s) Período Steve O'Rourke 2025-26
Directoras xerais O 21 de maio de 2025 o daquela denominado PWHL Seattle anunciou que Meghan Turner sería a primeira directora xeral da franquía. Turner, antiga xogadora profesional na Canadian Women's Hockey League e posteriormente na liga da Professional Women's Hockey Players Association, chegou ao novo equipo despois de pasar as dúas tempadas anteriores como directora xeral asistente do Boston Fleet A continuación todas as directoras xerais do Seattle Torrent:
Directoras Xerais do Seattle Torrent Nome(s) Período Meghan Turner 2025-
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Seattle Torrent