A Fábrica Kreenholm (en ), foi unha empresa téxtil situada na illa fluvial de Kreenholm, na cidade de Narva, Estonia, preto da fronteira con Rusia. Está situada ao longo das beiras do río Narva, xunto ás grandes fervenzas de Narva, a 16 quilómetros do mar Báltico. Foi fundada por Ludwig Knoop en 1857, un comerciante de algodón de Bremen, Alemaña. No seu momento, os muíños de fiado e fabricación de algodón da empresa foron os máis grandes do mundo, e Kreenholm foi considerada na súa época como a fábrica máis importante do antigo Imperio Ruso, posuíndo 32.000 acres de terra e empregando a 12 000 persoas.
En 1872, a fábrica de Kreenholm foi escenario da primeira folga laboral na historia de Estonia, así como unha das folgas máis temperás en todo o Imperio Ruso. Tras a invasión e ocupación soviética de Estonia en 1940, as propiedades da empresa foron nacionalizadas. Os activos de Kreenholm foron privatizados novamente en 1994, tres anos despois de que Estonia recuperase a súa independencia. A nova empresa crebou en 2010 e continuou con operacións limitadas tras a compra por parte dun novo propietario, Kreenholmi Manufaktuur OÜ.
Notas
Categoría:Empresas de Estonia Categoría:Empresas téxtiles Categoría:Fábricas