Agnieszka Brustman, nada en Varsovia o 31 de xullo de 1962, é unha xadrecista polaca que posúe o título de Gran Mestra feminina. Foi campioa de Polonia en catro ocasións e competiu dúas veces no torneo de Candidatas para o Campionato Mundial Feminino.
Traxectoria esquerda|miniatura|Brustman nas Olimpíadas de Xadrez de 1984 en Tesalónica. Brustman xogou no equipo polaco en nove Olimpíadas de Xadrez feminino (1980–1996). O seu mellor resultado foi en 1980 na Valeta, cando logrou 8 puntos de 11. Gañou a medalla de prata individual no taboleiro 4 e a medalla de bronce por equipos.
Foi campioa europea júnior en 1980 e campioa mundial júnior en 1982. Brustman competiu dúas veces no torneo de Candidatas para o Campionato Mundial Feminino, en Malmö 1986 e Tskaltubo 1988.
Brustman gañou o campionato feminino de Polonia en catro ocasións: 1982, 1984, 1987 e 1996.
A FIDE concedeulle o título de Mestra Internacional feminina en 1982 e o de Gran Mestra feminina en 1985.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Xadrecistas de Polonia