O pavillón municipal dos deportes do Porriño é un recinto deportivo multiúsos cuberto situado na vila do Porriño. Serve como feudo local do BM Porriño.

Historia Abriu as súas portas en maio de 1983, se ben non se inaugurou de forma oficial até o mes de setembro, cun partido de baloncesto co gallo das Festas do Cristo. Tivo un custo de 57,2 millóns de pesetas. Ampliouse en 1993 coa construción dunha segunda pista e unha piscina climatizada. A obra tivo un orzamento de 200 millóns de pesetas, dos cales 50 correron a cargo do Concello e 150 a cargo da Secretaría xeral do Deporte da Xunta de Galicia. Anovouse en 2022. En 2021 instalouse a pantalla LED deportiva, e en 2023 instalouse un videomarcador na segunda pista e adaptouse o acceso para persoas con discapacidade.

O pavillón acolleu a Copa Galicia de baloncesto masculino en 2009 e a fase final da Copa da Raíña de balonmán en 2016 e 2017. En 2024 acolleu un partido oficial entre as seleccións de balonmán feminino de España e Acerbaixán.

Equipamento A pista de xogo principal ten unha superficie de 45x30 m, divisible con separacións en tres canchas transversais. Hai unha segunda pista, unha piscina de 6 rúas e outra para nenos, dúas pistas de pádel e un ximnasio.

Notas

Porriño

Categoría:Deporte no Porriño Categoría:BM Porriño