Henry Labouchere (1º Barón Taunton), nado en Over Stowey, Somerset, o 15 de agosto de 1798 e finado en Belgrave Square, Londres, o 13 de xullo de 1869, foi un alto funcionario e político británico dos partidos Whig e Liberal, membro do Parlamento Británico e director da Real Casa da Moeda do Reino Unido.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Henry Labouchere naceu o 15 de agosto de 1798 en Over Stowey, Somerset, Inglaterra, nunha destacada familia da sociedade inglesa, fillo máis novo de Dorothy Elizabeth Baring (1771-1859)"Dorothy Elizabeth Baring Labouchere". Findagrave.com e de Peter Cesar Labouchere (finado en 1839),"Pierre Caesar “Peter” Labouchere". Findagrave.comMurphy, D. (2009). un banqueiro de orixe holandesa e de ascendencia hugonote francesa, socio do banco Hope & Company, de Ámsterdam, que se establecera en Inglaterra.Gilman, D.C.; Peck, H. T.; Colby, F. M. (eds.) (1905).Chisholm, H. (ed.) (1911). Barke, G. F. R. (2004).

Estudou inicialmente no Winchester College, en Winchester, Hampshire, e o 24 de outubro de 1816 iniciou os seus estudos superiores no Christ Church, da Universidade de Oxford, onde se licenciou en 1821 e acadou o mestrado en 1828.

En 1824 visitou o Canadá e os Estados Unidos, para estudar o funcionamento das súas institucións. Tamén fixo estudos de Dereito en Lincoln's Inn, en Londres, aínda que non chegou a exercer esa profesión.

Carreira pública En 1826, Labouchere foi elixido deputado por St Michael, como membro do partido Whig, e en 1830 trasladouse ao escano de Taunton, que ocupou ata 1859, con sucesivas reeleccións.

En 1832 foi nomeado por primeira vez para un cargo, o de Lord Civil do Almirantado, que ocupou ata 1834. Logo comezou o segundo período de goberno do primeiro ministro William Lamb exercendo como Master of the Mint ou director da Real Casa da Moeda do Reino Unido (1835-1841),Forrer, L. (1903)."Labouchère, Henry". Biographisches Lexikon der Münzmeister und Wardeine, Stempelschneider und Medailleure (Mintmaster.geschichte.lmu.de). e nese período foi tamén Conselleiro Privado, vicepresidente da Xunta de Comercio e subsecretario de Estado para a Guerra e as Colonias. Logo foi ascendido a un posto de gabinete, como presidente da Xunta de Comercio, que ocupou desde 1839 ata a caída do Goberno de Lamb en 1841.

Cando os whigs, liderados por John Russell, volveron ao poder en 1846, Labouchere regresou ao gabinete, esta vez como secretario xefe para Irlanda. Baixo a súa administración comezaron a sentirse en Irlanda os peores efectos da Gran Fame Irlandesa. O ano seguinte, volveu á presidencia da Xunta de Comercio, cargo que ocupou ata a caída do Goberno de Russell en 1852.

De 1853 a 1854 formou parte da Comisión Real sobre a Cidade de Londres."List of commissions and officials: 1850-1859 (nos. 53-94)". En Office-Holders in Modern Britain. Volume 9. University of London. 1984. O seu derradeiro cargo no gabinete foi durante o primeiro período do Goberno de Henry J. Temple, no que exerceu como secretario de Estado para as Colonias de 1855 a 1858.

O 18 de agosto de 1859, Labouchere foi elevado á nobreza como Barón de Taunton, no condado de Somerset."No. 22298". En The London Gazette. 16 de agosto de 1859. Páxina 3.108.

Vida persoal e familia miniatura|esquerda|Retrato de Labouchere, por Charles Baugniet (1855).|295x295px En 1840, Labouchere casou coa súa curmá Frances Baring (1813-1850)."Frances “Fanny” Baring Labouchere". Findagrave.com Tivieron tres fillas: Mary Dorothy (1842-1920),"Mary Dorothy “Mimi” Labouchere Stanley". Findagrave.com Mina Frances (1843-1917)"Mrs Mina Frances Labouchere Ellis". Findagrave.com e Emily (1844-1933)."Emily Harriet Labouchere Eliot". Findagrave.com

Logo do falecemento da súa primeira esposa en maio de 1850, aos 36 anos, como consecuencia dun parto prematuro,"Sudden Death of Mrs. Labouchere". En Bucks Herald. 1 de xuño de 1850. Páxina 6. en abril de 1852 Labouchere casou en segundas nupcias con Mary Matilda Georgina Howard (1823-1892), con quen non tivo descendencia."Mary Matilda Georgiana Howard Labouchere". Findagrave.com

Henry Labouchere finou na súa casa de Belgrave Square, Londres, o 13 de xullo de 1869, aos 70 anos. Foi soterrado no cemiterio parroquial de San Pedro e San Paulo, en Over Stowey, Somerset."Henry Labouchere". Findagrave.com Ao non ter fillos varóns, a baronía extinguiuse coa súa morte.

O seu sobriño, tamén chamado Henry Labouchere, herdou parte da súa fortuna, e máis tarde converteuse nun coñecido editor de xornais e político.Thorold, A. L. (1912). The life of Henry Labouchere. Putmam, Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Barke, G. F. R. (2004). "Labouchere, Henry, Baron Taunton (1798-1869)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Chisholm, H. (ed.) (1911). "Taunton, Henry Labouchere, Baron". En Encyclopædia Britannica. Vol. 26. 11ª ed. Cambridge University Press. Páxina 453. Craig, John (2010) . The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2 Forrer, L. (1903). "Labouchère, Henry". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 3. Spink & Son, Londres. Páxina 264. Gilman, D.C.; Peck, H. T.; Colby, F. M. (eds.) (1905). "Labouchere, Henry, Baron Taunton". En New International Encyclopedia. Vol. XI. Dodd, Mead and C., Nova York. Páxina 662. Murphy, D. (2009). "Labouchere, Henry". En Dictionary of Irish Biography.

Outros artigos Director da Royal Mint

Ligazóns externas Intervencións de Henry Labouchere no Parlamento do Reino Unido

Categoría:Nados en 1798 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1869 Categoría:Nobres do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Políticos do Reino Unido Categoría:Directores da Royal Mint Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido