A Walter Cup (en francés La coupe Walter) é o trofeo que se entrega cada ano ao equipo campión dos play-offs da Professional Women's Hockey League (PWHL). O primeiro equipo que alzou o trofeo foi o PWHL Minnesota (dende 2024 Minnesota Frost), que derrotou na final o PWHL Boston (dende 2024 Boston Fleet) por 3-2 nas finais.

Historia Orixes O 4 de abril de 2024, a Professional Women's Hockey League anunciou nun comunicado de prensa o nome do trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs, a Walter Cup.

O nome da Walter Cup foi proposto por Billie Jean King, unha das dúas impulsoras da Professional Women's Hockey League e membro do consello asesor da liga. Recibe o seu nome en honor a Mark e Kimbra Walter, como recoñecemento ao seu compromiso coa creación da PWHL, un Fito importante na historia do hóckey sobre xeo feminino.

Campións TempadaCampiónResultado da serieFinalistaTrofeo Ilana KlossAdestrador/a do equipo campión 2023–24 PWHL Minnesota 3–2 PWHL Boston Taylor Heise (Minnesota) Ken Klee 2024–25 Minnesota Frost 3–1 Ottawa Charge Gwyneth Philips (Ottawa) Ken Klee 2025–26 Montreal Victoire 3–1 Ottawa Charge Marie-Philip Poulin (Montreal) Kori Cheverie

Descrición O trofeo, realizado en prata esterlina, foi creado en colaboración coa xoiería Tiffany & Co. e manufacturada no seu taller de Cumberland (Rhode Island). A copa pesa uns 16 quilogramos, e mide uns 61 centímetros de alto por 33 de ancho. Descansa sobre un anel que ten seis "W", símbolo da PWHL, conmemorando os seis equipos orixinais que participaron na tempada inaugural, e raios de luz representando o inicio dunha nova era no hóckey feminino. Está localizada na parte superior de dúas barras angulares, identificadas co xeo dunha pista de xeo coas marcas das coitelas dos patíns no xeo, sobre a que se asentan paus de hóckey. As barras repousan sobre unha base extraíble que representa un disco de hóckey, no queue se inscribe cada ano o nome do equipo campión.

Notas

Categoría:Premios da Professional Women's Hockey League Categoría:Premios de hóckey sobre xeo