Antes de Nós é un filme galego de 2025 dirixido por Ángeles Huerta. É un filme biográfico sobre a vida de Castelao en dúas etapas da súa vida, 1918 e 1929, antes da xeración Nós. Está protagonizado por Xoán Fórneas como Castelao, xunto con Cris Iglesias (como Virxinia Pereira), Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos. Conta coa produción executiva de Zaza Ceballos. O guión é obra de Pepe Coira, a dirección de fotografía está a cargo de Lucía C. Pan, a dirección de arte de Elisa Robles, a música de Sofía Oriana Infante e a montaxe de Lucía Iglesias.

Sinopse En 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para a xente, mais un home ausente para a súa muller, Virxinia. En 1929, o matrimonio recorre a Bretaña poucos meses despois do pasamento do seu único fillo, Chuchiño.

Personaxes Xoán Fórneas como Castelao Cris Iglesias como Virxinia Pereira Nancho Novo como Sobral Xoel Fernández como Cándido Miquel Insua como Viturro Sergio Zearreta como Cubeiro Isabel Vallejo como Xaquina Adrián Ríos como Moure

Produción miniatura|dereita|220px|Entrada para o filme Antes de Nós nos Multicines Norte de Vigo. Comezou a rodarse en 2024 en Rianxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Muros, Fisterra, Silleda e Negreira. Estreouse nos cinemas o 23 de maio de 2025.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ángeles Huerta Categoría:Filmes ambientados en 1918 Categoría:Filmes ambientados en 1929 Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados na Bretaña Categoría:Filmes rodados en Rianxo Categoría:Filmes rodados en Pontevedra Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela